SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Sogama forma na técnica da compostaxe doméstica á veciñanza da localidade coruñesa de Dodro

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • O curso, impartido por un técnico ao servizo desta empresa pública, levouse a cabo o pasado venres, día 23, no Pabillón Polideportivo municipal, garantindo o cumprimento das normas de seguridade sanitarias enmarcadas no COVID-19.
  • Sogama entregou ao Concello de Dodro, de forma gratuita, 30 composteiros para repartir entre outras tantas vivendas unifamiliares con terreo.

Cerceda, a 27 de outubro de 2020.- Un técnico ao servizo de Sogama desprazouse o pasado venres, 23 de outubro, ao municipio de Dodro (A Coruña) para impartir un curso de formación orientado aos veciños que, voluntariamente, desexan participar no programa de compostaxe doméstica que o Concello  iniciou coa colaboración desta empresa pública.

A fin de garantir o cumprimento das medidas de prevención no marco da actual crise sanitaria, a charla tivo lugar no Pabillón Polideportivo municipal, garantindo desta forma a distancia social recomendable.

Apoiado por diversos recursos didácticos, o educador de Sogama explicou as bondades do autocompostaxe desde a dimensión ambiental, económica e social, e detallou os pasos a seguir para obter un compost de boa calidade. Con tal fin, prestou especial atención á propia ubicación do composteiro, que debe colocarse nunha zona sombreada, protexida do vento e en contacto directo coa terra para facilitar a entrada de microorganismos descompoñedores, ata a relación de materiais que deben e non deben depositarse no mesmo, así como o control de parámetros de gran relevancia tales como o osíxeno, a temperatura e a humidade.

Sogama entregou ao Concello de Dodro, de forma gratuita, 30 composteiros con capacidade para 390 litros e fabricados con materiais reciclados e reciclables, que serán repartidos entre outras tantas vivendas unifamiliares que conten con terreo (xardín, horta ou terras de cultivo).

O obxectivo é que os veciños interesados poidan autoxestionar a materia orgánica producida nos seus domicilios e obter a partir da mesma un abono natural de alta calidade e con gran valor fertilizante para o solo.

A xornada serviu igualmente para resolver dúbidas e entregar manuais didácticos de apoio aos usuarios.

Saúdos, Departamento de Comunicación

27 Out 2020

Galería