SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Sogama imparte en Bueu (Pontevedra) un curso presencial sobre compostaxe doméstica

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Celebrarase o mércores, 27 de novembro, ás 19:00 horas, no Auditorio do Centro Social do Mar.
  • Esta formación ten lugar con motivo da adhesión do Concello ao programa de compostaxe doméstica de Sogama, no marco do cal recibiu un total de 100 composteiros por parte desta empresa pública.
  • O curso compleméntase con manuais didácticos de apoio, así como cunha páxina web específica de consulta e acceso a recursos divulgativos: www.compostaconsogama.gal.

Cerceda, a 25 de novembro de 2019.-  Técnicos de Sogama desprazaranse o vindeiro mércores, 27 de novembro, ao concello de Bueu (Pontevedra) para impartir un curso de formación centrado na compostaxe doméstica.

Esta cita ten lugar despois de que o ente local se adherira ao programa de autocompostaxe impulsado por esta empresa pública, no marco do cal recibiu 100 composteiros (50 unidades en 2017 e outras 50 recentemente), ademais dos manuais didácticos de apoio para entregar ás familias participantes.

A xornada celebrarase, ás 19:00 horas, no Auditorio do Centro Social do Mar e á mesma están convocados os veciños adscritos a esta iniciativa co fin de reforzar os seus coñecementos respecto da recuperación da materia orgánica in situ.

Explicarase así todo o proceso a levar a cabo para obter un compost de calidade: desde a propia ubicación do composteiro, que debe estar en contacto coa terra para facilitar a entrada dos microorganismos descompoñedores, ata o control de parámetros esenciais tales como o osíxeno, a humidade e a temperatura. Así mesmo, os asistentes terán a oportunidade de consultar todas as súas dúbidas e de deixar constancia dos seus comentarios.

Trátase, en todo caso, dun programa co que se recupera unha tradición no rural galego, como é a segregación dos restos orgánicos para alimento do gando e/ou elaboración de compost, e que trae consigo importantes beneficios ambientais e sociais.

Neste sentido, cabe recordar que a materia orgánica representa en torno ao 42% dos residuos contidos nunha bolsa de lixo tipo, de aí que reciclalos en orixe, a través da súa conversión en abono natural, limite en boa medida a cantidade de lixo depositado no contedor verde e entregado a Sogama, co conseguinte aforro económico.

Os usuarios teñen á súa disposición unha páxina web específica www.compostaconsogama.gal, a través da cal poderán complementar coñecementos e acceder a recursos didácticos e divulgativos.

Saúdos, Departamento de Comunicación

25 Nov 2019

Galería