SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Sogama imparte en Xermade un curso de formación presencial sobre compostaxe doméstica

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Terá lugar o próximo 26 de febreiro, ás 19:00 horas, na Biblioteca Municipal.
  • Dirixirase ás familias que decidisen participar nesta iniciativa.

Cerceda, ao 21 de febreiro de 2020.- Trala adhesión do concello lucense de Xermade ao programa de compostaxe doméstica de Sogama, no marco do cal foron entregados neste municipio, e de forma gratuíta, 25 composteiros, técnicos especialistas ao servizo da Sociedade impartirán o próximo 26 de febreiro un curso de formación presencial dirixido ás familias que, voluntariamente, decidirann participar nesta iniciativa.

A xornada terá lugar na Biblioteca Municipal, ás 19:00 horas, e o obxectivo da mesma é explicar, de forma detallada, as vantaxes, tanto ambientais como económicas e sociais, que trae consigo a autocompostaxe e como aplicar a técnica de forma axeitada, comezando pola propia localización do composteiro, que debe estar en contacto coa terra a fin de facilitar a entrada de microorganismos descompoñedores.

Así mesmo, especificarase o que debe e non debe depositarse neste recipiente e incidirase na necesidade de controlar parámetros de gran interese tales como o osíxeno, a humidade e a temperatura.

Saúdos, Departamento de Comunicación

21 Feb 2020

Galería