Xunta
Xunta
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Sogama instrúe aos veciños de Coirós na técnica da autocompostaxe

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Trala adhesión deste concello coruñés ao programa de compostaxe doméstica promovido pola Sociedade Galega do Medio Ambiente, técnicos especializados impartirán un curso presencial.
  • A formación terá lugar mañá, 3 de decembro, na Casa Consistorial, ás 19:00 horas.
  • Con esta iniciativa, o ente local pretende contribuír á protección ambiental e ao aforro de custos.

Cerceda, a 2 de decembro de 2019.-  Trala adhesión do concello de Coirós (A Coruña) ao programa de compostaxe doméstica de Sogama, no marco do cal recibiu 25 composteiros de 400 litros de capacidade e fabricados con materiais reciclados e reciclables, técnicos ao servizo desta empresa pública impartirán mañá un curso de formación presencial dirixido aos participantes.

Terá lugar, ás 19:00 horas, na Casa Consistorial, sendo o seu obxectivo explicar á veciñanza todo o proceso que conleva a autocompostaxe: desde a propia ubicación do composteiro, que debe estar en contacto coa terra para facilitar a entrada de microorganismos descompoñedores, ata os materiais que deben e non deben ser depositados no mesmo e o control de parámetros tales como o osíxeno, a temperatura e a humidade.

Os asistentes recibirán un manual  didáctico de apoio, editado igualmente por Sogama, tendo a oportunidade de complementar os seus coñecementos a través do sitio web www.compostaconsogama.gal, onde poderán acceder a recursos tales como vídeos, xogos, etc

Condición indispensable é que as familias que finalmente participen nesta iniciativa habiten en vivendas unifamiliares que dispoñan de terreo (horta ou xardín) no que aplicar o compost resultante, un abono natural de alta calidade con extraordinarias propiedades fertilizantes para o solo.

Con este programa, o concello de Coirós pretende contribuír á protección ambiental e ao aforro de custos. Dado que a materia orgánica representa o 42% do peso dunha bolsa de lixo tipo, se se recicla en orixe , evítase o seu depósito no contedor verde convencional. Esta circunstancia propiciaría unha redución da frecuencia de recollida e transporte por parte dos servizos municipais e, polo tanto, unha diminución da cantidade de residuos entregados a Sogama, podendo verse minorado o importe da factura a pagar a esta compañía.

Ademais de todo iso, recupérase unha práctica tradicional en Galicia como é a segregación da materia orgánica para alimento do gando e/ou elaboración de compost.

Imaxe: Pixabay

Saúdos, Departamento de Comunicación

2 Dec 2019

Galería