SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Sogama instrúe na compostaxe doméstica a medio cento de familias de Ferrol

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Con tal fin, técnicos da empresa pública impartirán mañá, 1 de decembro, ás 18:15 horas, un curso de formación no Centro Social de Covas

Cerceda, a 30 de novembro de 2021.- Trala adhesión do Concello de Ferrol ao programa de compostaxe doméstica liderado por Sogama en Galicia, a empresa pública, a petición do ente local, subministrou 50 composteiros de 400 litros, así como manuais didácticos destinados aos participantes co fin de que dispoñan nos seus fogares dun titorial para a autoxestión da materia orgánica no que, ademais, se dá resposta ás preguntas máis frecuentes.

Agora tócalle a quenda aos técnicos de Sogama, que mañá, 1 de decembro, impartirán, ás 18:15 horas, no Centro Social de Covas un curso de formación a través do cal explicarán as distintas fases da operativa a seguir para obter un compost de alta calidade que reúna os requisitos necesarios para ser aplicado ao solo sen restricións.

É por isto que, para pechar o círculo da recuperación da materia orgánica en orixe, as vivendas adscritas a esta iniciativa deben ser unifamiliares e dispoñer de terreo (horta, xardín ou terras de cultivo) no que utilizar o abono resultante, que regresa á terra en forma de nutriente. Desta forma, e máis aló de elaborar compost, evítase o depóisto da materia orgánica nos contedores da fracción resto, circunstancia que permitirá diminuír a frecuencia de recollida e transporte por parte dos servizos municipais e, polo tanto, as emisións de CO2 á atmosfera, e minorar o importe da factura que o Concello debe pagar ao xestor final, neste caso a Sogama.

O tratamento ao que se someten os residuos de Ferrol, e doutros 294 concellos galegos, no sComplexo Medioambiental de Cerceda, lévase a cabo a través dun proceso que separa os materiais reciclables para a súa remisión aos centros de recuperación e valoriza enerxeticamente a fracción non reciclable, evitando o seu depósito en vertedoiro, a peor das opcións polas súas negativas consecuencias para o medio ambiente e a saúde.

Saúdos, Departamento de Comunicación

30 Nov 2021

Galería