SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Sogama pon a disposición da poboación recursos virtuais para instruíla na compostaxe doméstica

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • A través da plataforma www.compostaconsogama.gal, os interesados teñen a oportunidade de acceder a toda a información sobre a autocompostaxe e os seus beneficios.
  • Así mesmo, proporciona as pautas técnicas para obter, a partir da materia orgánica, un abono natural de alta calidade.
  • E todo isto complementado cunha serie de ferramentas didácticas e divulgativas de apoio que toman a forma de manuais, vídeos, xogos, etc.

Cerceda, a 12 de agosto de 2020.- A fin de que todos os interesados poidan dispoñer de información sobre a compostaxe doméstica e adentrarse na súa práctica, Sogama habilitou no seu momento unha plataforma web www.compostaconsogama.gal na que se dá conta dos pormenores da reciclaxe da materia orgánica, os seus beneficios, tanto ambientais como económicos e sociais, e os pasos a seguir para obter un abono de alta calidade que cumpra con todos os requisitos recollidos na normativa vixente e poida ser aplicado na agricultura con absolutas garantías e sen restricións.

A páxina estrutúrase en diversos apartados a través dos cales facilítase o acceso dos internautas ás cuestións máis relevantes. Así, explícase que é a compostaxe doméstica, proceso a levar a cabo, que factores inflúen no mesmo, cal é a función do composteiro, materiais que deben e non deben ser depositados no mesmo, problemas habituais e solucións, como recoñecer un bo compost, e que beneficios reporta.

VANTAXES AMBIENTAIS, ECONÓMICAS E SOCIAIS

Dado que a fracción orgánica representa en torno ao 42% da composición media do lixo doméstico, se se recupera en orixe, evítase o seu depósito nos contedores convencionais. Isto permitirá aos concellos diminuír a frecuencia de recollida e transporte, e, xa que logo, as emisións de CO2, así como as cantidades de residuos entregadas a Sogama para o seu tratamento, véndose minorado de forma simultánea o importe da factura a pagar a esta empresa pública. Ademais, con esta alternativa recupérase unha práctica tradicional en Galicia, como é a separación dos restos orgánicos para alimento do gando ou elaboración de compost.

O programa de compostaxe doméstica impulsado pola empresa pública segue un rigoroso protocolo no que se inclúen cursos de formación destinados aos participantes, a dotación gratuíta de composteiros (tendo repartido ata o de agora 14.000 unidades entre 351 entidades -199 concellos, 130 centros escolares e 22 colectivos sociais) e o asesoramento externo, debendo encargarse os gobernos locais de facer un seguimento casa por casa para comprobar a evolución do proxecto, resposta da poboación ao mesmo, solventar posibles dúbidas e corrixir os erros detectados.

Saúdos, Departamento de Comunicación

Imaxe: Pixabay

12 Ago 2020

Galería