SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Sogama reforma a súa aula medioambiental baixo criterios de sostibilidade

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Os materiais utilizados son reciclados e reciclables na súa totalidade, e a incorporación das últimas tecnoloxías propiciarán que os visitantes reciban unha formación máis eficiente.
  • As paredes laterais foron fabricadas a partir de labras de madeira aglomerada, o escenario con caucho reciclado e os mobles con refugallos de madeira e fibras.
  • Para os monolitos móbiles do escenario utilizouse cartón ondulado 100% reciclable e, para o chan, elixíronse lousas elaboradas con fibras de vidro e vinilo, tamén reciclables na súa totalidade.
  • Así mesmo, primouse a iluminación de baixo consumo e o aforro enerxético.
  • Na obra participaron  empresas galegas, o que evidencia o gran potencial que ten a nosa comunidade en deseño e construción sostible.

Cerceda, a 3 de febreiro de 2020.- Logo de 20 anos de actividade, e tras ser testemuña do paso de varias xeracións de escolares e universitarios, así como de múltiples delegacións políticas, técnicas e empresariais, tanto de Galicia como do resto de España e de distintas partes do mundo (preto de 76.500 persoas), a aula medioambiental de Sogama renovouse en plena sintonía co modelo de economía circular e preparouse para atender ás necesidades dos novos tempos, aspirando a ser máis eficiente na formación dos novos visitantes que están por chegar.

De feito, o pasado 21 de xaneiro iniciouse un novo programa de visitas ao Complexo Medioambiental cun apertado calendario no que xa figuran reservas efectuadas por máis de 70 colectivos sociais, colgando o cartel de “completo” ata o próximo mes de xuño.

Na súa firme aposta pola ecoloxía e a reciclaxe, a reforma da aula fíxose baixo criterios de sostibilidade, tanto no propio deseño como na funcionalidade do espazo, utilizando materiais reciclados e reciclables na súa totalidade.

RESIDUOS EN VALOR

As paredes laterais foron fabricadas a partir de labras de madeira aglomerada grazas ao uso de resinas, un revestimento que, ademais de actuar como un gran illante  desde o punto de vista térmico e acústico, foi colocado en zig-zag para mellorar tamén a reverberación da sala.

O escenario elaborouse con caucho reciclado e, os mobles integrados nas paredes, con taboleiros de MDF espidos, é dicir, non se recorreu á talla de árbores, senón que a materia prima obtívose a partir de residuos de madeira e fibras.

Para o pavimento, e debido ao desgaste ao que está sometido polo elevado tránsito de persoas e o continuo rozamento de cadeiras, así como á necesidade dunha continua limpeza derivada da permanente realización de talleres educativos e xogos, seleccionáronse lousas fabricadas en fibras de vidro e vinilo, reciclables na súa totalidade.

Como parte viva do proxecto, habilitáronse uns monólitos móbiles sobre o escenario que o fai versátil, configurándoo segundo as necesidades de cada momento. Están fabricados en cartón ondulado 100% reciclable cun panel de MDF na fronte que permite a rotulación dos diferentes eventos sen danar o cartón.

Así mesmo, primouse tamén a iluminación de baixo consumo e o aforro enerxético.

Na obra participaron empresas galegas, o que evidencia que a nosa comunidade ten tamén un gran potencial en deseño e construción sostible.

Saúdos, Departamento de Comunicación

3 Feb 2020

Galería