SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Sogama remite a Boiro 50 composteiros para que máis familias poidan reciclar a materia orgánica

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Desta forma, serán xa 120 as vivendas integradas nesta iniciativa, con importantes beneficios ambientais, económicos e sociais.
  • O informe de seguimento achegado polo Concello dos 70 composteiros entregados pola empresa pública nos dous anos anteriores, avala o éxito e excelente acollida deste programa entre a veciñanza.

Cerceda, a 5 de outubro de 2021.- Sogama, a petición do Concello de Boiro (A Coruña), remitiu a este municipio unha nova partida de 50 composteiros para que poidan ser distribuídos entre outras tantas familias, propiciando que formen parte do programa de reciclaxe da materia orgánica en orixe.

Desta forma, serán 120 as vivendas integradas nesta iniciativa, coa que se pretende lograr importantes beneficios para a localidade, tanto ambientais (derivados da menor frecuencia de recollida dos contedores verdes xenéricos), así como económicos (ao enviar menos cantidade de refugallos a Sogama para o seu tratamento final) e sociais, recuperando unha práctica que forma parte da tradición do rural galego.

Os recipientes, con capacidade para 400 litros, están fabricados con materiais reciclados e reciclables ao final da súa vida útil, e facilitan que a operativa se leve a cabo por parte dos usuarios dunha forma máis cómoda, hixiénica e eficiente.

Boiro adscribiuse ao programa de  autocompostaxe de Sogama en 2019, con 30 fogares, sumando en 2020 outros 25 e, no que vai de ano, 65 máis.

O informe de seguimento achegado recentemente pola área de Medio Ambiente do  Concello, avala o éxito desta iniciativa e a demanda, cada vez maior, destes recipientes por parte da veciñanza.

A empresa pública tamén entregou ao ente local unha tirada de manuais de compostaxe doméstica para distribuír entre as familias participantes co obxectivo de que coñezan con detalle a técnica a aplicar, tomen boa nota dos pasos a seguir, dos parámetros para controlar e das respostas ás preguntas e erros máis comúns.

Como complemento, teñen á súa disposición un sitio web www.compostaconsogama.gal, a través do cal poden reforzar os seus coñecementos e acceder a distintos recursos didácticos e divulgativos de interese.

Saúdos, Departamento de Comunicación

5 Out 2021

Galería