Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

Strasser, récord mundial na viaxe de Alaska á Patagonia para reivindicar maior protección ambiental

Print this pagePrint this page
  • Este ciclista austriaco foi o primeiro en sumarse á campaña “Heroes de Montaña” de ONU Medio Ambiente a fin de sensibilizar ao mundo sobre a necesidade de facer fronte ao cambio climático.
  • Percorreu en bicicleta 22.642 quilómetros, desde Alaska á Patagonia, en 84 días, 11 horas e 50 minutos (15 días, 1 hora e 6 minutos menos que o récord anterior).
  • Manifestou que para él sería reconfortante que o seu récord mundial poidera servir de motivación de cara a substituír o automóbil pola bicicleta, aínda que sexa só ás veces.
  • Estímase que ao redor da metade da masa glaciar perdeuse nos últimos 40 anos e, se non actuamos agora con contundencia, a Terra e a vida da humanidade sufrirá as consecuencias.

Cerceda, a 9 de novembro de 2018.- O ciclista austríaco Michael Strasser, o primeiro en sumarse á campaña “Heroes de Montaña” de ONU Medio Ambiente, acaba de completar unha viaxe que quedará para a historia. Percorreu en bicicleta 22.642 quilómetros, desde Alaska á Patagonia, en 84 días, 11 horas e 50 minutos (15 días, 1 hora e 6 minutos menos que o récord anterior). E fíxoo para poñer de relevo os desafíos ambientais aos que se enfronta a humanidade, incluíndo a conservación da vida silvestre, os perigos da contaminación e as ameazas asociadas ao cambio climático.

A campaña “Heroes de montaña” aglutina a extraordinarios atletas que invisten parte do seu tempo en crear conciencia en torno aos problemas medioambientais, prestando especial atención á protección das montañas, onde se fan visibles os primeiros efectos do cambio climático.

Neste marco, Strasser manifestou que para él sería reconfortante que o seu récord mundial puidese servir de motivación para substituír o automóbil pola bicicleta, aínda que sexa só ás veces.

O ÁRTICO DERRÉTESE

A situación é preocupante. O xeo no Ártico estase derretendo rapidamente, do mesmo xeito que o xeo en áreas montañosas como é o caso da cordilleira dos Andes.

Estímase que ao redor da metade da masa glaciar perdeuse nos últimos 40 anos e, se non actuamos agora con contundencia, a Terra e a vida da humanidade sufrirá as consecuencias. Bosques, ríos e humedais deberán enfrontarse a condicións sen precedentes, circunstancia que ameazará o sustento dos agricultores das terras altas e a subministración de auga río abaixo.

ESTRATEXIA REXIONAL PARA PROTEXER AS MONTAÑAS

Matthias Jurek, oficial do programa de ONU Medio Ambiente, puxo de relevo o esforzo realizado en axudar a países dos Andes, como é o caso de Perú, a adaptarse aos cambios a través do fortalecemento da resiliencia dos ecosistemas que, á súa vez, protexen a auga doce e as terras de pastoreo para as comunidades locais. Así mesmo, ONU tamén está a axudar aos países andinos a cooperar nunha estratexia rexional de adaptación en montañas, o que implica a identificación de intereses e prioridades comúns, así como o intercambio de experiencias para beneficio mutuo.

A axenda referenciada baséase en dez áreas políticas onde os países compartirán datos e desenvolverán programas conxuntos: grupos vulnerables, agricultura, ecosistemas e biodiversidade, auga, saúde, enerxía e industria, desastres, investigación e planificación, sensibilización e desenvolvemento de capacidades.

O plan inclúe igualmente medidas específicas para a protección dos cidadáns como é a creación ou expansión de sistemas de alerta temperá para desastres naturais relacionados co clima, así como a modernización das infraestruturas e os fogares en zonas de montaña máis vulnerables para facelas máis resistentes.

A cooperación rexional mellorará a capacidade dos países para reaccionar, á vez que impulsará solucións concretas para abordar o cambio climático.

Fonte e imaxe: ONU Medio Ambiente

Saúdos, Departamento de Comunicación

9 Nov 2018

Galería