Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

Sustainable Week: alternativas sostibles encamiñadas cara a unha economía circular

Print this pagePrint this page
  • Terá lugar, no espazo Utopicus de Madrid, ata o próximo 20 de abril, presentando, no marco da mesma, boas prácticas coa que contribuír ao coidado e protección do medio ambiente.
  • Onte douse a coñecer “Ooho!”, o primeiro envase de auga que se pode comer; un proxecto da empresa de packaging sostible “Skipping Rocks Lab”, con sede en Londres e pioneira no uso de materiais naturais extraídos de plantas e algas.
  • Mañá, The climate Reality Project Spain transmitirá ao auditorio unha serie de solucións ao alcance de todos para frear o cambio climático.
  • E o venres, o protagonismo recaerá en Climate KIC Spain, que, xunto á start-up LEDsafari e a Asociación Despierta, levará a cabo un taller de fabricación de lámpadas solares.

Cerceda, a 16 de abril de 2018.- O espazo Utopicus de Madrid acolle desde onte, e ata o próximo 20 de abril, a Sustainable Week, unha semana temática que se nutrirá con alternativas sostibles ás malas prácticas de usar e tirar, propias dunha economía lineal, divulgando accións e iniciativas que permitan contribuír a un desenvolvemento circular. O obxectivo é que visitantes e participantes cambien a súa visión do mundo e tomen conciencia do sinxelo que resulta contribuír cada día á sostibilidade.

Onte douse a coñecer “Ooho!”, o primeiro envase de auga que se pode comer. Trátase dun proxecto da empresa de packaging sostible “Skipping Rocks Lab”, con sede en Londres e pioneira no uso de materiais naturais extraídos de plantas e algas, cos que crea envases de baixo impacto ambiental. Neste caso concreto, a botella é resultado dunha mestura de alginato de sodio das algas e cloruro de calcio nunha proporción correcta que xeran unha gelificación no exterior do líquido. O resultado final é unha burbulla de auga simple, barata, resistente, hixiénica, biodegradable e comestible.

Mañá, día 18, Ángel Cano, un dos responsables de The Climate Reality Project Spain, organización do ex Vicepresidente norteamericano Al Gore, transmitirá ao auditorio que as solucións para frear o cambio climático están en mans de todos. Esta entidade conta con 10.000 presentadores en todo o mundo que traballan para alertar e concienciar sobre as causas do deterioro planeta e o papel, tanto individual como colectivo, que debe desempeñar a cidadanía para  contribuír á rexeneración dos ecosistemas.

Acto seguido presentarase LetsDolt! World, organización que o próximo 15 de setembro levará a cabo o Día da Limpeza Mundial (World Cleanup Day), agardando contar neste cometido coa colaboración do 5% da poboación. Millóns de persoas participarán de forma simultánea nunha iniciativa que ten por obxecto limpar e recoller residuos. Este movemento de masas dou comezo en Estonia en 2008, cando 50.000 persoas se uniron para limpar todo o país en cinco horas. Desde entón, viuse inmerso nun proceso de expansión continua, chegando a día de hoxe a preto de 120 países e 20 millóns de persoas.

Xa o venres 20, o protagonismo recaerá en Climate KIC Spain, quen, xunto á start-up LEDsafari e a Asociación Despierta, desenvolverá un taller de fabricación de lámpadas solares, dando a oportunidade aos participantes de crear a súa propia lámpada solar con materiais de refugallo.

Con carácter previo, expertos na materia profundarán nalgúns conceptos claves tales como sostibilidade, enerxía solar, reciclaxe e economía circular.

Fonte e imaxe: www.utopicus.es

Saúdos, Departamento de Comunicación

17 Abr 2018

Galería