SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

A taxa de reciclaxe dos envases de cartón para bebidas na UE aumentou ao 51% en 2019

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • A directora xeral da Alianza para o Cartón de Bebidas e o Medio Ambiente (ACE) indica que “Esta é unha unha proba dos esforzos da nosa industria e realza a mensaxe de que os envases de cartón para bebidas son reciclables e estanse reciclando a escala en Europa”

Cerceda, a 18 de novembro de 2020.- De acordo cun comunicado emitido pola Alianza para o Cartón de Bebidas e o Medio Ambiente (ACE), a taxa de reciclaxe dos envases de cartón para bebidas na Unión Europea aumentou ao 51% en 2019.  A organización indica que os datos evidencian un aumento interanual continuo na taxa de reciclaxe deste tipo de envases.

ACE sinala que a industria está comprometida co impulso á reciclaxe de cartóns de bebidas en toda Europa e fai un chamamento aos responsables das políticas, tanto a nivel europeo como nacional, a fin de asegurar que estes envases sexan recollidos por separado para a súa reciclaxe.

«Comprácenos que o aumento anual constante da taxa de reciclaxe de envases de cartón para bebidas en 2019 supere o 50%», afirmou Annick Carpentier, directora xeral de ACE. «Esta é unha proba dos esforzos da nosa industria e realza a mensaxe de que estes envases son reciclables e estanse reciclando a escala en Europa», ao que engadiu que «Cunha próxima axenda lexislativa da UE cara a envases máis sostibles, o cartón para bebidas está ben situado, cunha taxa de reciclaxe do 51%.

Así mesmo, considera que esta é unha oportunidade para informar aos responsables da formulación de políticas a todos os niveis que este tipo de envases representa unha solución de envasado segura, circular e sostible cunha pegada de carbono baixa, e que “se pode recoller e reciclar fácilmente”.

Fonte: Residuos Profesional

Imaxe: Pixabay

18 Nov 2020

Galería