SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Todo preparado para unha nova edición da maior limpeza colaborativa do mundo: Let´s Do It

Print this pagePrint this page
  • Terá lugar o vindeiro sábado, 15 de setembro, e á mesma sumáronse 120 países e 20 millóns de persoas.
  • A iniciativa non quere limitarse á recollida de residuos, senón que pretende representar unha oportunidade para a formación e a concienciación respecto da necesidade de protexer o medio ambiente.
  • Dirixida pola comunidade civil, a campaña defínese como unha verdadeira e poderosa “ola verde” que comeza cedo, en Nova Zelanda, e culmina en Hawai con centos de millóns de persoas colaborando por unha boa causa: lograr un planeta limpo e saudable.
  • A creación de coñecemento tamén se erixe nunha prioridade e por iso a campaña anima a crear entre todos os participantes un mapa no que se sinalen os puntos de vertido ilegal.

Cerceda, a 13 de setembro de 2018.- O vindeiro sábado, 15 de setembro, terá lugar unha nova edición da campaña “Let´s do it” (Fagámolo), a maior limpeza colaborativa de residuos do mundo. 120 países e 20 millóns de persoas apuntáronse a esta cita co fin de aportar o seu gran de area e axudar a rexenerar os espazos degradados.

Pero, tal e como aseguran os seus promotores, non se trata tan só dun labor de recollida de residuos, senón que a iniciativa supón unha oportunidade para a formación respecto da necesidade de protexer o medio ambiente. Non obstante, aborda de forma directa os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU, sendo a súa prioridade facer fronte á contaminación derivada das malas prácticas de usar e tirar, propias dunha economía lineal, e contribuír a trazar o camiño cara a unha economía circular na que cobre protagonismo o ecodeseño dos produtos e a análise do seu ciclo de vida para que estes poidan recuperarse e reincorporarse ao circuíto comercial cunha nova vida, preservando os xa escasos recursos naturais.

A campaña, dirixida pola comunidade civil, defínese como unha verdadeira e poderosa “ola verde” que comeza cedo, en Nova Zelanda, e culmina en Hawai con centos de millóns de persoas colaborando de forma positiva por unha boa causa: lograr un planeta limpo e saudable.

Pero o activismo non pretende limitarse a un día, senón manterse no tempo e crear conciencia para transformar o mundo e que sexa máis habitable. De feito, este movemento dou comezo no ano 2008, en Estonia, cando 50.000 persoas se reuniron para limpar o país nun só día. De aí que Tallín, a capital, acolla a sede do World Cleanup Day 2018. Desde alí darase conta do que suceda en todo o planeta e en cada momento. Entrevistas, vídeos, televisións, novas, comunicados, redes sociais, todo servirá para informar puntualmente sobre o desenvolvemento da xornada.

MAPEAR RESIDUOS PARA CREAR COÑECEMENTO E CONCIENCIA

A creación de coñecemento tamén é importante e por iso a campaña anima a crear entre todos os participantes un mapa no que se sinalen os puntos de vertido ilegal. Con tal fin, a organización deseñou, en colaboración con Qualitance, unha nova aplicación de mapas de lixo, dispoñible en Android e iPhone.

Unha vez que se mapee a ubicación dos refugalloss, poderanse ver os emprazamentos, así como o tipo e o tamaño das zonas de vertido máis problemáticas a fin de centrar sobre as mesmas os esforzos. Trátase dunha información de gran utilidade para rastrexar os avances da iniciativa e controlar as vulnerabilidades destes lugares.

Ademais de todo isto, que a poboación pode ver un mapa virtual con lugares nos que se acumula lixo, contribuirá a traballar no ámbito da sensibilización social, inspirando a que máis persoas se unan ao proxecto.

20 millóns de toneladas de lixo acaban cada ano nos océanos. Na súa maior parte, procedentes de terra. Unha situación alarmante á que se debe facer fronte desde o esforzo conxunto.

Fonte e imaxe: Let´s do it

Saúdos, Departamento de Comunicación

13 Set 2018

Galería