SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Tres proxectos innovadores de conversión de residuos en enerxía recibirán financiación europea

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Localizados en Italia e España, céntranse na fabricación de áridos negativos en carbono para a construción, Waste- to- Hidrogen para o transporte ferroviario e a xeración de hidróxeno a partir de procesos de gasificación de residuos.

Cerceda, a 16 de setembro de 2021.- Entre os 32 proxectos de pequena escala seleccionados para o seu financiamento a través dos Fondos de Innovación da Comisión Europea, e que recibirán 118 millóns de euros, tres deles están relacionados co sector da xestión de residuos e, máis concretamente, coas tecnoloxías de conversión de refugallos en enerxía.

Os proxectos, localizados en Italia e España, céntranse na fabricación de áridos negativos en carbono para a construción, Waste- to- Hydrogen para o transporte ferroviario e a xeración de hidróxeno a partir de procesos de gasificación de residuos.

1) Agregados negativos en carbono en España

Este proxecto utilizará a “Tecnoloxía de carbonatación acelerada” convertendo os refugallos en minerais de carbonato con CO2 capturado nos procesos de refinería.

Os procesos basearanse no CO2 residual das refinerías de Repsol- Petronor para producir un agregado negativo en carbono que se utilizará no sector da construción. Esta tecnoloxía permitirá tratar ao redor de 22.000 toneladas de residuos cada ano e reducirá as emisións de carbono nunhas 2.200 toneladas anuais.

2) Conversión de residuos en hidróxeno en Italia

A produción de hidróxeno verde cubrirá a demanda de diferentes sectores no Val Camonica (provincia de  Brescia), incluída a industria, pero tamén o transporte ferroviario, cun primeiro tren de hidróxeno previsto para 2023.

Este hidróxeno baseado en electrólise será impulsado por enerxía renovable, producida principalmente pola planta local de conversión de residuos en enerxía. As empresas italianas que lideran este proxecto estiman que a produción de hidróxeno verde alcanzará as 830 toneladas anuais, impulsadas por 43.870 MWh de electricidade.

3) Xeración de hidróxeno a partir da gasificación de residuos en España

Para este proxecto, as firmas españolas Tubacex e Novargi traballarán xuntas para producir hidróxeno a partir dun proceso de gasificación de residuos sólidos urbanos.

O hidróxeno xerado venderase ao sector do transporte e a industrias intensivas en enerxía. Estímase que o tratamento de 12.000 toneladas de residuos debería producir ao redor de 1.600 toneladas de hidróxeno cada ano.

 Fonte e imaxe:  ESWET

16 Set 2021

Galería