Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

Tubérculos para construír edificios máis resistentes e respectuosos co medio ambiente

Print this pagePrint this page
  • No marco do proxecto europeo B-SMART, a Universidade de Lancaster, en Reino Unido, estudará como os nanoplaquetas extraídos das fibras dos tubérculos poden facer que as mesturas de concreto (formigón) sexan máis robustas e respectuosas coa contorna.
  • Con isto consumiríanse 40 quilos menos de cemento Portland por metro cúbico de formigón, o que equivale a 40 quilos menos de CO2 para o mesmo volume de material.
  • Así mesmo, descubriuse que os formigóns mellorados con vexetais tiveron un mellor desempeño que outros aditivos de cemento dispoñibles no mercado, como o grafeno e os nanotubos de carbonos.

Cerceda, a 2 de agosto de 2018.- A construción, nas súas múltiples formas e modalidades, constitúe unha actividade con gran impacto sobre o medio ambiente. É por iso que a Universidade de Lancaster, en Reino Unido, propúxose investigar alternativas ao cemento no marco do proxecto europeo B-SMART (Biomateriais derivados do desperdicio de alimentos como unha ruta verde para o deseño de composites cementosos ecolóxicos, intelixentes e de alto rendemento para a infraestrutura construída multifuncional de próxima xeración).

Para isto estudará como os nanoplaquetas extraídos das fibras dos tubérculos poden facer que as mesturas de concreto (formigón) sexan máis robustas e respectuosas coa contorna. De feito, as probas iniciais demostraron que a adición de nanoplaquetas de remolacha azucreira ou cenoria a esta mestura mellora en gran medida as propiedades mecánicas do concreto.

Tal e como manifestou o profesor Mohamed Saafi, investigador principal por parte da Universidade de Reino Unido, os nanocompostos de cementos desenvolvidos como parte deste proxecto “están feitos combinando cemento Portland con nanoplaquetas extraídas de vexetais de raíz de desperdicios procedentes da industria alimentaria”. Todo apunta a que estes compostos incrementan as propiedades mecánicas e de microestrutura, diminuíndo o consumo de cemento, circunstancia que contribuiría a reducir o consumo de enerxía e emisións de CO2 asociadas á fabricación deste material.

O concreto estándar está feito con auga, agregado (grava, roca ou area) e cemento Portland, que é o axente aglutinante que endurece e fortalece o concreto. Non obstante, cando se agregan a esta mestura as plaquetas de tamaño nano aos vexetais de raíz, aumenta a cantidade de hidrato de silicato de calcio, que é o produto que impregna de maior resistencia ao concreto.

Os investigadores descubriron que a adición dos nanoplaquetas facía que o formigón gañase en robustez. O aforro traducíase en 40 quilos menos de cemento Portland por metro cúbico de formigón, o que equivale a 40 quilos menos de CO2 para o mesmo volume de formigón.

De todo isto dedúcese que unha mestura de raíces máis forte tradúcese en menos concreto en edificios e, polo tanto, menos impactos ambientais.

VANTAXES ADICIONAIS

Os investigadores sinalan, ademais, que os formigóns mellorados con vexetais tiveron tamén un mellor desempeño que outros aditivos de cemento dispoñibles no mercado, como o grafeno e os nanotubos de carbonos, resultando igualmente máis económicos de producir.

Outras vantaxes adicionais son a consecución dunha microestrutura máis densa que axuda a previr a corrosión e propicia a maior durabilidade dos materiais

B-SMART tamén indagará na posibilidade de reforzar as estruturas de formigón actuais con capas moi finas fabricadas con nanoplaquetas vexetais.

Fonte e foto: https://cordis.europa.eu

Saúdos, Departamento de Comunicación

2 Ago 2018

Galería