SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Un 42% dos españois móstrase optimista sobre a posibilidade de reverter a crise climática

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Así se recolle no Barómetro de Realidade Climática de Epson, que conclúe a existencia dunha brecha significativa entre a percepción optimista dos usuarios e a gravidade real da emerxencia climática.
  • Entre os factores que explican esta percepción optimista, que non é sinónimo de falta de recoñecemento do cambio climático, destacan a crenza de que as persoas son máis conscientes dos perigos do cambio climático (41%) e o potencial da ciencia e a tecnoloxía para resolver estes desafíos (27%).
  • O estudo suxire que agora é o momento de que as empresas de todos os tamaños desempeñen un papel máis importante e decisivo na loita contra a emerxencia climática, xa que poden incentivar a outras empresas e aos consumidores con innovacións que apoien a sostibilidade.

Cerceda, a 20 de outubro de 2021.- Segundo se recolle no Barómetro de Realidade Climática de Epson, un estudo realizado a partir de 15.000 persoas enquisadas de 15 países distintos, o 42% dos españois cre que é posible evitar a crise climática durante a súa vida.

O informe, que ten por obxecto aumentar a conciencia pública sobre os impactos do cambio climático, conclúe que existe unha brecha significativa entre a percepción optimista dos usuarios e a gravidade real da emerxencia climática.

Mentres que o Grupo Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC) informa de que algúns cambios climáticos provocados polo ser humano tardarán milenios en reverterse, os resultados deste informe apuntan a un triunfo do optimismo fronte á evidencia e, polo tanto, un importante déficit de realidade climática.

Entre os factores que explican esta percepción optimista, destacan a crenza de que as persoas son máis conscientes dos perigos do cambio climático (41%) e o potencial da ciencia e a tecnoloxía para resolver estes desafíos (27%). Con todo, dentro do conxunto europeo, os españois son os máis pesimistas (39 %).

ACCIÓNS INDIVIDUAIS

Os datos do informe mostran que a percepción optimista dos españois non é sinónimo de falta de recoñecemento do cambio climático. Ao redor de tres cuartas partes dos enquisados ve relación entre o cambio climático e o aumento de incendios forestais (80%), o incremento das temperaturas globais (79%) e a diminución das capas de xeo (78 %). Pola contra, a concienciación redúcese no caso das migracións masivas (60 %), a fame (59 %) e os brotes de insectos (56 %).

A maioría dos enquisados a nivel global considera que a responsabilidade de facer fronte á emerxencia climática corresponde aos axentes estatais e empresariais. Dentro do conxunto europeo, España é o país onde máis destaca a demanda de responsabilidade gobernamental (31 %). Con todo, o 19 % cre que son as empresas quen debe ser “as máis responsables” para facer fronte ao cambio climático, mentres que un 4 % non cre nunha emerxencia ambiental.

Non obstante, o estudo confirma que, cada vez, os cidadáns asumen máis responsabilidade persoal e colectiva. O 21% dos españois considérase "máis responsable" persoalmente, mentres que o 24,2% cre que todos somos responsables e que a acción corresponde aos gobernos, as empresas e os individuos por igual.

Moitas persoas xa están a actuar para mitigar a emerxencia climática, sendo as tres principais accións a mellora dos hábitos de reciclaxe (71%). a redución do uso de plástico (69%) e o transporte sostible: camiñar ou ir en bicicleta máis a miúdo (63%).

O estudo suxire que agora é o momento de que as empresas de todos os tamaños desempeñen un papel máis importante e decisivo na loita contra a emerxencia climática, xa que poden incentivar a outras empresas e aos consumidores con innovacións que apoien a sustentabilidade.

O 5% DOS ENQUISADOS NEGAN O CAMBIO CLIMÁTICO

A nivel mundial, preto da metade dos enquisados (46 %) afirman que son "moi" ou "algo" optimistas, mentres que só o 27 % expresan que son moi ou algo pesimistas.

As razóns máis populares que apoian este optimismo son a crecente conciencia pública sobre o cambio climático (32 %), a capacidade da ciencia e a tecnoloxía para ofrecer solucións (28 %) e o avance cara ás enerxías renovables (19 %). Pola súa banda, o 5% dos enquisados considera que non hai unha emerxencia climática, con Alemaña (7%) e o Reino Unido (6%) encabezando a lista de negacionistas europeos do clima.

Fonte:  cienciasambientales. com

Imaxe:  Pexels

20 Out 2021

Galería