SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Un proxecto financiado pola UE desenvolverá solucións sostibles para a reciclaxe de filme multicapa

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • A pretensión de CIMPA é desenvolver unha cadea de reciclaxe para films multicapa posindustriais e posconsumo (procedentes de aplicacións alimentarias e agrícolas) coa finalidade de reter entre un 12% e un 72% do seu valor.
  • A previsión é que se aforren ata 2,3 millóns de toneladas anuais de materiais reciclados que se reintroducirán na produción para substituír aos materiais virxes.

Cerceda, a 26 de novembro de 2021.- A falta de solucións de reciclaxe sostibles desde o punto de vista económico e ambiental para os residuos de filme multicapa implica perdas de máis de 3000 millóns de euros cada ano. É por isto que as solucións innovadoras son esenciais para converter unha forma maioritariamente lineal de xestionar este fluxo de refugallos nunha máis circular.

Neste marco, púxose en marcha o proxecto europeo CIMPA, no que participa Aimplas (Instituto Tecnolóxico do Plástico), sendo a súa pretensión desenvolver unha cadea de reciclaxe para films multicapa posindustriais e posconsumo (procedentes de aplicacións alimentarias e agrícolas) coa finalidade de reter entre un 12% e un 72% do seu valor.

A iniciativa integrará catro tecnoloxías: unha clasificación innovadora da composición (que combina a clasificación por marcas de auga dixitais e NIR), procesos de reciclaxe mecánica e física (disolución), un proceso de descontaminación e mellora de propiedades (descontaminación avanzada baseada en scCO2). Un obxectivo clave será producir materiais reciclados que cumpran con estándares agrícolas e para aplicacións en contacto con alimentos.

A participación de Aimplas no proxecto centrarase no tratamento e descontaminación dos films multicapa a escala piloto. O centro tecnolóxico achegará a súa experiencia na elaboración de expedientes EFSA, contaminación controlada (Challenge Tests) e técnicas de descontaminación, tanto convencionais como avanzadas.

CIMPA reterá na economía entre 0,3 millóns de euros e 2,2 millóns de euros anuais de valor procedentes destes produtos e reducirá as emisións de CO2 en 2,1 millóns de toneladas anuais, o que equivale ao 0,15% das emisións totais de CO2 da UE. En total aforraranse ata 2,3 millóns de toneladas anuais de materiais reciclados que se reintroducirán na produción para substituír aos materiais virxes.

SOCIOS

Coordinado por IPC, Centre  Technique  Industriel da  Plasturgie  et deas  Composites, os socios de  CIMPA reúnen a catro organizacións de investigación e tecnoloxía con experiencia (IPC,  Aimplas,  VTT,  TNO), dous provedores de tecnoloxía de vangarda (Pellenc,  Filigrade), unha empresa de xestión de residuos e reciclaxe (Paprec), tres produtores  multicapa (Leygatech,  Eversia,  Barbier), un instituto de estudos de actitude/aceptación do consumidor (Prospex), unha asociación que representa á industria da reciclaxe de plástico (EuRIC) e unha empresa consultora ( Benkei).

Mediante o desenvolvemento de solucións de reciclaxe innovadoras para películas multicapa, CIMPA contribuirá á consecución dos obxectivos marcados polo Pacto Verde Europeo, o novo Plan de Acción de Economía Circular e a Estratexia de Plásticos da UE.

Fonte:  Aimplas

Imaxe:  Pexels

26 Nov 2021

Galería