SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

UNE crea a Comisión Consultiva sobre Economía Circular

Print this pagePrint this page
  •  Ten por obxecto  poñer en valor o potencial da Normalización como ferramenta de utilidade para transitar cara a un  novo modelo económico.
  •  Está integrada por máis de 40 entidades e configúrase como unha mesa de diálogo, multisectorial e transversal, entre os membros de UNE e as Administracións Públicas.
  • A través da mesma definirase a posición española en cuestións de carácter técnico, estratéxico e de goberno da Normalización no ámbito da economía circular e, de forma particular, na Estratexia Española de Economía Circular.

Cerceda, a 15 de abril de 2019.- A Asociación Española de Normalización (UNE) creou a Comisión consultiva sobre Economía Circular co obxectivo de poñer en valor o potencial da Normalización como ferramenta de utilidade para transitar cara a un  novo modelo económico.

A Comisión, que se reunirá dúas veces ao ano, configúrase como unha mesa de diálogo, multisectorial e transversal, entre os membros de UNE e as Administracións Públicas, estando integrada por máis de 40 entidades entre as que se atopan asociacións españolas, catro Ministerios (Ministerio de Industria, Comercio e Turismo; Ministerio de Fomento; Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación; e Ministerio para a Transición Ecolóxica), así como outras entidades relevantes.

A través da mesma definirase a posición española en cuestións de carácter técnico, estratéxico e de goberno da Normalización no ámbito da economía circular e, de forma particular, na Estratexia Española de Economía Circular.

Durante a reunión de constitución da Comisión, celebrada o pasado 2 de abril, enfatizouse  a importancia de identificar as normas existentes en relación á economía circular e darlles visibilidade como ferramentas de axuda ás organizacións neste sentido.

UNE é o único Organismo de Normalización en España e como tal foi designado polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade ante a Comisión Europea, sendo o representante español nos organismos internacionais ISO/IEC e nos europeos CEN/CENELEC, ademais de organismo nacional de normalización de ETSI.

UNE traballa en distintos sectores tales como a mellor implantación da actividade de normalización, o sector privado e as Administracións Públicas, a participación española en organizacións  internacionais, o desenvolvemento  da asociación, o comercio internacional, a simplificación lexislativa e a innovación tecnolóxica, e as actividades de cooperación.

Fonte: UNE Normalización Española

Imaxe: Pixabay

Saúdos, Departamento de Comunicación

15 Abr 2019

Galería