SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Unha celebración especial para a “Hora do Planeta 2020”: sal ao balcón, apaga a luz, todo irá ben

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Promovida por WWF a fin de mobilizar e unir a todo o planeta para loitar contra o cambio climático, este ano cambia o seu formato debido á crise sanitaria orixinada polo COVID.
  • Baixo o lema «Apaga a luz, todo irá ben», terá lugar o vindeiro sábado, 28 de marzo, de 20:30 a 21:30 horas, e propón usar lanternas e móbiles para lanzar, en código morse (linguaxe universal), e desde xanelas e balcóns, esta mensaxe de esperanza que tanto se necesita nestes duros momentos.
  • A pesar de todo, a loita contra o cambio climático e a defensa do planeta non pode decaer, senón mostrarse máis viva que nunca para protexer un ben común: o noso planeta.

Cerceda, a 26 de marzo de 2020.- A tradicional campaña “A Hora do Planeta”, promovida por WWF e coa que se pretende mobilizar e unir a todo o planeta para loitar contra o cambio climático, cambia este ano o seu formato debido á crise sanitaria orixinada polo COVID.

Baixo o lema «Apaga a luz, todo irá ben», terá lugar o próximo sábado, 28 de marzo, de 20:30 a 21:30 horas, e proponnos usar lanternas e móbiles para lanzar, en código morse (linguaxe universal), e desde xanelas e balcóns, esta mensaxe de esperanza que tanto se necesita nestes duros momentos.

Será unha forma de encher os fogares nosos pobos e cidades de millieros de escintileos para lembrar que,e esteamos onde esteamos, nesta ocasión e desde a casa (# QuédateEnCasa), todas as persoas seguimos conectadas e concienciadas da necesidade de coidar do planeta para coidar tamén do ser humano.

Se ben esta terrible pandemia non permite levar a cabo esta acción tal e como viña facendo ata o de agora, a loita contra o cambio climático e a defensa do planeta non pode decaer, senón mostrarse máis viva que nunca para protexer un ben común: o noso planeta.

LOITA SEN CUARTEL CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

En 2020, esta convocatoria de WWF cobra un novo impulso, xa que este ano tomaranse decisións políticas clave sobre a acción climática, o desenvolvemento sostible e a natureza.

A Hora do Planeta naceu hai 13 anos en Sidney como un xesto simbólico de apagar as luces de fogares e edificios emblemáticos durante unha hora para chamar a atención sobre o cambio climático. Pero agora converteuse no maior evento de mobilización ambiental da historia. Un evento que xa uniu a 188 países, millóns de cidadáns, empresas, concellos e institucións para actuar contra o cambio climático e evitar a perda de biodiversidade.

Fonte e imaxe: WWF

26 Mar 2020

Galería