SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Unha xornada indagará nas oportunidades europeas para os sectores forestal-madeira e medioambiental

Print this pagePrint this pagePrint this page

•Organizada pola Plataforma Tecnolóxica Galega de Medio Ambiente (ENVITE), en colaboración coa Plataforma da Madeira (PTGM) e Forestal (DEVESA), celebrarase o próximo día 30 de outubro na sede compostelana de Feuga.

•Con esta cita preténdese dar a coñecer as diferentes iniciativas comunitarias de carácter ambiental creadas para apoiar ao sector forestal e abordar igualmente as cuestións legais e normativas que afectan ao comercio da industria, así como os programas de financiamento máis relevantes xestionados polo CDTI.

•O evento móstrase como unha ocasión para coñecer as novas liñas de negocio verde que se están a perfilar para a industria forestal e da madeira.

Cerceda, a 23 de outubro de 2012.- O próximo 30 de outubro, entre as 10:00 e as 14:00 horas, a sede da Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA) acollerá unha xornada que, baixo o título “Oportunidades en Europa para os sectores forestal-madeira e medioambiental”, organiza a Plataforma Tecnolóxica Galega de Medio Ambiente (ENVITE), en cuxo comité executivo participa Sogama, contando coa colaboración da Plataforma da Madeira (PTGM) e a Forestal Galega (DEVESA).

A pretensión deste evento non é outra que a de dar a coñecer as diferentes iniciativas comunitarias de carácter ambiental creadas para apoiar ao sector forestal e presentar a estratexia europea na materia, ademais de falar do papel dos bosques na bioeconomía e as cuestións legais e normativas que afectan ao comercio da industria, abordando igualmente os programas de financiamento máis relevantes xestionados polo CDTI.

Así mesmo, e co obxectivo de crear vínculos entre os diferentes axentes do ramo, montarase un Panel Tecnolóxico no que se expoñerán as capacidades dos grupos de investigación das tres plataformas, dando a oportunidade aos asistentes de solicitar un primeiro contacto ou reunión con eles.

ESTRUTURA

Tralo acto inaugural, que correrá a cargo dos presidentes de ENVITE e PTGM, Enrique Valero e Elier Ojea respectivamente, ademais do vicepresidente de DEVESA, Francisco Javier Fernández, e o Director Xeral de Feuga, Francisco Javier Pereiro, unha representante da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e Política Forestal do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA), Ana Suárez, disertará sobre a nova estratexia forestal europea, mentres que Enrique Valero fará o propio respecto ao papel dos bosques na estratexia da bioeconomía.

A segunda parte do evento nutrirase coas achegas de Francisco Javier Adell, pertencente tamén ao MAGRAMA, quen profundizará na DUE Diligence e os acordos FEGT no comercio europeo de madeira, e de Ana Belén Noriega, de Liaison Unit Madrid, cunha exposición centrada no Legally Binding Agreement (LBA) e o proceso Forest Europe.

Pola súa banda, Carlos Franco, da Dirección de Mercados Innovadores Globais do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), explicará as oportunidades de financiamento de proxectos en Europa.

Con esta cita, as tres plataformas, ENVITE, DEVESA e PTGM, pretenden evidenciar os seus intereses comúns e canalizar os seus esforzos cara ao intercambio de información e experiencias, fundamentalmente no ámbito da investigación, o desenvolvemento e a innovación, orientando con isto ao sector cara a unha maior competitividade.

A xornada móstrase así como unha ocasión para coñecer as novas liñas de negocio verde que se están a perfilar para a industria forestal e da madeira.

Saúdos, Departamento de Comunicación

23 Out 2012

Galería