Imagen_Sogama_Home
Vimeo

Idiomas

Xa están aquí os aneis biodegradables para os paquetes de cervexa

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Empezaron a producirse para substituír aos plásticos dun só uso, sendo unha cervecería de Florida a primeira en utilizalos.
  • A particularidade destes aneis é que cumpren perfectamente coa súa función, é dicir, son sólidos, robustos e de longa duración para satisfacer as necesidades da embalaxe, pero degrádanse de forma natural e os seus compoñentes non supoñen unha ameaza para o medio ambiente.
  • O impacto do descubrimento é aínda maior se se ten en conta que máis do 50% das cervexas que se consumen en Estados Unidos véndense en latas, unha tendencia en alza.
  • O achado constitúe toda unha contribución á economía circular ao permitir a conversión dun residuo en recurso e evitar así a utilización dun material non biodegradable con negativas consecuencias para a integridade dos ecosistemas.
  • Cerceda, a 13 de febreiro de 2018.-  Os aneis biodegradables para os paquetes de cervexa xa se empezaron a fabricar industrialmente para substituír aos de plástico dun só uso.

    O prototipo deste material (Eco Six Pack Ring), resultado da asociación da axencia publicitaria We Belivers, con sede en Nova York, e a empresa mexicana de xestión ambiental Entelequia, douse a coñecer en 2016, pero nestes momentos estanse a producir a gran escala baixo a marca E6PR.

    Unha cervexa artesanal dunha empresa de Miami xa se está comercializando no sur de Florida con aneis biodegradables fabricados con residuos procedentes da produción da mesma bebida, toda unha contribución á economía circular ao permitir a conversión dun residuo en recurso e evitar así a utilización dun material non biodegradable con negativas consecuencias para a integridade dos ecosistemas terrestres e marítimos.

    A particularidade destes aneis é que, se ben son sólidos, robustos e de longa duración para satisfacer as necesidades da embalaxe, degrádanse de forma natural e os seus compoñentes non supoñen unha ameaza para o medio ambiente.

    Esta iniciativa pretende ir máis aló da recuperación e o reciclado e avanzar cara ao residuo cero, verdadeiro expoñente dun modelo de desenvolvemento que pecha o círculo evitando o consumo irracional de recursos naturais.

    O impacto do descubrimento é aínda maior se se ten en conta que máis do 50% das cervexas que se consumen en Estados Unidos véndense en latas, unha tendencia que segue en expansión.

    Con este achado, crucial para avanzar cara á sostibilidade na industria do envasado de bebidas, dáse un paso máis cara á protección do medio ambiente.

    Saúdos, Departamento de Comunicación

13 Feb 2018

Galería