SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

A xeración de refugallos electrónicos aumentou en todo o mundo un 21% durante os últimos 5 anos

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Segundo o informe correspondente á terceira edición de The Global E-Waste Monitor 2020, o pasado ano producíronse 53,6 millóns de toneladas métricas (Mt) de residuos electrónicos, prevendo que esta cifra chegue ás 74 MT en 2030, case o dobre que en 2014.
  • As maiores taxas de consumo eléctrico e electrónico (EEE), os ciclos de vida máis curtos e as opcións de reparación limitadas constitúen as principais razóns deste incremento.

Cerceda, a 9 de xullo de 2020.- O informe correspondente á terceira edición de The Global E-Waste Monitor 2020, lanzada recentemente pola Global E-waste Statistics Partnership (GESP), reportou un récord de 53,6 millóns de toneladas métricas (Mt) de residuos electrónicos xerados en todo o mundo en 2019, un 21% máis en cinco anos, prevendo que esta cifra suba ata as 74 MT en 2030, case o dobre que en 2014.

As maiores taxas de consumo eléctrico e electrónico (EEE), os ciclos de vida máis curtos e as opcións de reparación limitadas constitúen as principais razóns deste incremento.

Segundo os datos dispoñibles, Asia xerou o maior volume de lixo electrónico en 2019 (24,9 Mt), seguida de América (13,1 Mt) e Europa (12 Mt), mentres que África e Oceanía xeraron 2,9 Mt e 0,7 Mt respectivamente.

En 2019, só o 17,4% dos residuos electrónicos documentouse oficialmente como recolectados e reciclados formalmente. Isto significa que o ferro, o cobre, o ouro e outros materiais recuperables de alto valor foron refugados en lugar de entrar no ciclo da economía circular.

Se non se xestionan de forma correcta, e conforme á normativa vixente, este lixo constitúe unha ameaza para a saúde e o medio ambiente, xa que contén aditivos tóxicos ou sustancias perigosas. 

O documento tamén fai unha chamada para que se adopte un marco metodolóxico recoñecido internacionalmente a fin de medir e monitorear os residuos electrónicos, posibilitando deste xeito o establecemento e avaliación de obxectivos.

O Global E-waste Monitor é un esforzo de colaboración entre o Programa de Ciclos Sostibles (SCYCLE) actualmente coorganizado pola Universidade das Nacións Unidas (UNU) e o Instituto das Naciones Unidas para Capacitación e Investigación (UNITAR), a Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT) e a Asociación Internacional de Residuos Sólidos (ISWA).

Imaxe: Pixabay

Fonte:  The global E- waste https://globalewaste.org/

9 Xul 2020

Galería