SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

A xestión sostible dos residuos terá un papel esencial na consecución dun planeta máis saudable

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Así se recolle nun informe publicado por ISWA (Asociación Internacional de Residuos Sólidos) baixo o título «The Future of The Waste Management Sector:  Trends, Opportunities  and  Challenges  for  the  Decade» (O Futuro do Sector da Xestión de Residuos: tendencias, oportunidades e desafíos para a década).
  • A perspectiva a dez anos de ISWA destaca as cuestións esenciais ao redor da transición cara a unha economía circular, o papel que desempeñará a xestión de residuos na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e a loita contra o cambio climático.

Cerceda, a 25 de outubro de 2021.- A Asociación Internacional de Residuos Sólidos, ISWA, vén de publicar o seu último informe, que leva por título «The Future of The Waste Management Sector:  Trends, Opportunities and  Challenges  for  the  Decade» (O Futuro do Sector da Xestión de Residuos: tendencias, oportunidades e desafíos para a década), no que se recollen as contribucións das partes interesadas de todo o sector da xestión de residuos. O documento está editado polo presidente do Consello Científico e Técnico da organización, Bjorn Appelqvist, quen tamén se encargou da súa presentación durante a celebración do congreso ISWA 2021.

A perspectiva a dez anos de ISWA destaca as cuestións crave ao redor da transición cara a unha economía circular, o papel que desempeñará a xestión de residuos na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e a loita contra o cambio climático.

O informe é unha chamada á acción sobre como avanzar na nova década, tendo en conta que a xestión sostible dos residuos desempeñará, sen dúbida, un papel fundamental na consecución dun planeta máis limpo e saudable para todos.

«O mundo enfróntase a unha emerxencia que provocará unha crise climática a menos que se tomen medidas urxentes. A falta de xestión de residuos é unha enorme fonte de contaminación que repercute negativamente na saúde humana. Pero non ten por que ser así. Cun tratamento axeitado, os residuos poden ser un activo e non un pasivo. Neste informe, ISWA identifica os puntos focais e as tendencias que deben abordarse a próxima década para garantir unha xestión sostible dos residuos e recursos e a transición cara a unha economía circular», comentou Carlos Silva Filho, presidente de ISWA.

Fonte:  ISWA

Imaxe: Pexels

25 Out 2021

Galería