SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Proxecto de investigación de escouras para a súa utilización no eido da construción

Print this pagePrint this pagePrint this page

As escouras producidas no leito do forno da Planta Termoeléctrica de Sogama, localizada no Complexo Medioambiental de Cerceda, e onde se leva a cabo a recuperación enerxética da parte non susceptible de reciclaxe dos residuos para transformación en enerxía eléctrica, son obxecto dun proxecto de investigación que estuda e analiza a súa valorización como materiais de construción.

A iniciativa está liderada pola firma Recinor, S.L (Reciclaje de Inertes del Noroeste), firma galega con sede en Ferrol, xestora de residuos non perigosos procedentes da construción e demolición (RCDs)  e titular da primeira planta de reciclaxe deste tipo de refugallos existente en España. Así mesmo, conta coa colaboración de dous organismos públicos adscritos á Universidade da Coruña, o Grupo de Investigación gCons, pertencente ao Laboratorio de construción CITEEC (Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil) e máis o Centro de Investigacións Tecnolóxicas CIT.

A Dirección Xeral de I+D+i da Xunta de Galicia financia este proxecto, que conta cun orzamento superior aos 188.000 euros para a súa execución durante os anos 2011 e 2012.

Con este proxecto, Sogama pretende dar un paso máis na posta en valor das escouras, que, debido ao seu carácter non perigoso, vén almacenando por xunto nun depósito habilitado para tal fin no propio Complexo de Cerceda, ao tempo que dá resposta ás directrices europeas na materia, primando a reutilización fronte ao vertido.

A utilización de escouras no eido da construción, en substitución dos áridos convencionais, abre a porta a unha construción máis sustentable e respectuosa co medio ambiente.

Galería