Actualidade
- No marco da clausura das Mesas de Traballo contra o desperdicio alimentario, que tiveron lugar na Feira Alimentaria 2018, o secretario xeral de Agricultura e Alimentación do MAPAMA, Carlos Cabanas, puxo en valor a Estratexia “Máis alimento, menos desperdicio”, que desenvolve o MAPAMA.
- Destacou igualmente que o desperdicio alimentario nos fogares viuse reducido nun 4% desde 2015.
- Baixo a dirección do Doutor Francisco Peña Castiñeira, celebrarase en Santiago de Compostela do 14 ao 16 de maio, reunindo nun espazo único a expertos de alto nivel procedentes de distintos países.
- Co apoio institucional de diversas entidades tales como a Comisión Europea, a SESA, o concello de Santiago, a Xunta de Galicia e a FEGAMP, xéstase un evento no que se abordarán e debaterán algúns dos problemas ambientais de maior calado na civilización actual.
- O pasado ano, os españois contribuíron á reciclaxe de 789.235 toneladas de envases de vidro, unha cifra que se traduce en 16,9 quilos por persoa (64 envases).
- Estímase así unha taxa de reciclado do 73%, superando o noso país, en máis de 10 puntos, as esixencias establecidas pola Unión Europea (60%).
Páxinas