A aula da reciclaxe de Sogama despegou a pasada fin de semana con gran éxito. Aínda que en Vigo gozou dunha boa acollida, en Pontevedra superou todas as expectativas, dándose cita na carpa educativa familias enteiras nas que os pequenos foron os auténticos protagonistas.
A iniciativa continuará esta semana o seu percorrido polas cidades de Ourense, Ferrol e Lugo, concluíndo o seu periplo en Santiago de Compostela a xornada anterior ao Día Internacional da Reciclaxe, a celebrar o día 17.