



Sogama participa, un ano máis, na Semana Europea da Prevención de Residuos, que nesta ocasión ten lugar entre o 16 e o 24 de novembro e céntrase específicamente na comunicación e a educación.
Faino coa súa iniciativa “Corta polo san! Reduce Residuos”, na que se inclúen actividades presenciais e online co obxectivo de seguir contribuíndo á formación dos cidadáns no consumo responsable e a menor xeración de refugallos en orixe.
Charlas veciñais, sesións en centros educativos e en colectivos sociais impartidas por educadores ao servizo desta empresa pública autonómica, compleméntanse con outros recursos tales como presentacións dinámicas con consellos, recomendacións e boas prácticas para levar a cabo un consumo consciente e responsable, e reducir a produción de residuos en orixe.
Anexo | Tamaño |
---|---|
![]() | 4.56 MB |