Idiomas

Galicia, na senda da economía circular

Print this pagePrint this pagePrint this page
Ano: 
2016

O próximo 3 de Xuño, Sogama levará a cabo en Pontevedra, na sede da Fundación ABanca, unha xornada coa que pretende conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente, que terá lugar o domingo 5.

Baixo o título “Galicia, na senda da economía circular”, a empresa pública propúxose profundizar en todos os aspectos vinculados a este concepto.

Os instrumentos de financiamento comunitario para a xestión sostible dos residuos urbanos, os pormenores do PEMAR 2016-2022 e do Plan Galego de Xestión de Residuos Urbanos 2010-2020, e a valorización enerxética dos refugallos non reciclables, constituirán as temáticas a abordar durante a sesión matutina. Xa pola tarde, darase a coñecer a experiencia de Guipúzkoa en materia de xestión de residuos urbanos, o proceso de ampliación da infraestrutura industrial de Sogama e os retos da xestión do lixo no eido municipal.

Inscríbete na xornada

Cumprimenta os seguintes campos cos teus datos para inscribirte nesta xornada

Galería