Idiomas

Non enmascares a túa responsabilidade: as máscaras desbotables, ao contedor da fracción resto

Print this pagePrint this pagePrint this page
Ano: 
2020

O correcto uso dos elementos de protección individual fronte ao COVID-19 (máscaras, xel hidroalcohólico, luvas, etc) faise indispensable para evitar, ou alomenos minimizar, a propagación dunha pandemia que, ademais de constituír unha seria ameaza para nosa saúde e economía, alterou substancialmente a nosa forma de vida.

  • Tomar conciencia da situación faranos máis cautelosos e precavidos. Debemos protexernos a nós mesmos e axudar á protección dos demais.
  • O consumo responsable cobra de novo protagonismo e, como alternativa ás máscaras hixiénicas dun só uso, recoméndase as reutilizables (de especificación UNE 0065), que propician en boa medida a redución de residuos.
  • En caso de optar polas máscaras desbotables, unha vez esgotada a súa vida útil deben depositarse no contedor verde convencional, en bolsa pechada, xunto coa fracción resto (bolsa negra). En Sogama, a parte non reciclable do lixo valorízase enerxeticamente, e con todos os controis ambientais, a temperaturas superiores a 850ºC, permitindo deste xeito a destrución de axentes nocivos. Mesmo percorrido seguen as luvas de usar e tirar, confeccionadas habitualmente con vinilo, vitrilo, polietileno ou látex.
  • As máscaras desbotables constitúen un dos novos residuos hixiénico- sanitarios que acaban abandonados na natureza. A maioría están fabricadas con polipropileno non tecido (un tipo de plástico), polo que o seu negativo impacto na contorna non ofrece dúbida.
  • Unha máscara hixiénica común tarda entre 300 e 400 anos en degradarse no medio natural. E nese intervalo de tempo pode afectar aos ecosistemas de distintas formas.
  • Estar vixiante no correcto uso das máscaras conforme ás instrucións das autoridades competentes en cada momento e xestionalas correctamente  unha vez convertidas en refugallos, resulta esencial. Baixo ningún concepto poden arroxarse á vía pública ou ao medio natural, toda vez que constitúen un foco de contaminación.
  • Pola súa banda, o destino dos envases de xel hidroalcohólico debe ser o contedor amarelo para propiciar a súa separación na planta de clasificación de Sogama e posterior envío ao correspondente centro reciclador.
  • Imponse o rigor desde a dimensión hixiénica. Completemos a protección co lavado frecuente de mans, evitemos tocarnos a cara e manteñamos a distancia de seguridade con outras persoas.

  Vídeo: https://vimeo.com/472616549

Loitar contra o COVID é RESPONSABILIDADE de todos

 

Excluido de listado: 

Galería