



Mantén firme o teu compromiso co medio ambiente. Separa os residuos en orixe e deposítaos nos contedores correspondentes para propiciar a súa reciclaxe.
Campaña dirixida aos máis novos (estudantes de ESO, Bacharelato e Universidade) a fin de que coñezan as bondades da reciclaxe, tanto desde o punto de vista ambiental como económico e social, e contribúan de forma decidida ao mesmo, sendo o seu compromiso coa protección da contorna garantía de futuro.
A través de distintos soportes online tales como carteis, gifs e vídeos animados, e utilizando o argot propio dos nativos dixitais, a iniciativa, bautizada co lema “A reciclaxe sempre é #Trending Topic na nosa terra”, nútrese con mensaxes atractivas e dinámicas nas que se pon en valor a natureza e a necesidade de participar no seu coidado a través da práctica diaria dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe).
Anexo | Tamaño |
---|---|
![]() | 14.86 MB |
![]() | 2.53 MB |
![]() | 2.02 MB |
![]() | 2.02 MB |
![]() | 1.98 MB |
![]() | 1.88 MB |
![]() | 7.59 MB |
![]() | 1.92 MB |
![]() | 1.75 MB |
![]() | 1.95 MB |
![]() | 1.49 MB |
![]() | 1.82 MB |
![]() | 1.77 MB |
![]() | 1.72 MB |
![]() | 4.97 MB |