SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Unha volta á sostibilidade coa volta ao cole

Print this pagePrint this pagePrint this page
Ano: 
2020

A volta ao cole xa está aquí e, aínda que a evolución do COVID-19 marcará  as pautas a seguir pola comunidade educativa, de acordo coas instrucións das autoridades sanitarias en cada momento,  convén ter en conta unha serie de recomendacións básicas para que a incorporación ao ámbito escolar sexa o máis sostible posible.

  • Revisar o material do pasado curso académico a fin de aproveitar o que aínda teña utilidade. Seguro que hai moitas cousas que se conservan en bo estado e ás que se pode sacar rendemento sen necesidade de comprar outras novas.
  • Aproveitar libros de texto de segunda man a través de familiares, coñecidos, plataformas online e o clásico trueque. 
  • Reemprazar os tradicionais forros plásticos para libros e buscar alternativas sostibles con tea, papel de xornal, papel de agasallo usado ou papel de embalar.
  • Dar unha segunda vida aos uniformes de anos anteriores, de irmáns maiores ou coñecidos.  Tamén aquí o mercado de segunda man pode ofrecer interesantes oportunidades.
  • Restaurar a carteira ou mochila e o estuche do ano anterior. Só fai falta un pouco de enxeño e creatividade. O toque persoal e exclusivo está garantido.  De non ser posible, adquirir accesorios ecolóxicos e sostibles.
  • De precisar novos artigos de estudo, optar polos reutilizables e, na medida do posible, fabricados con materiais naturais, evitando o consumo de plástico.
  • Priorizar unha alimentación sa e saudable, rica en verduras, froitas, legumes, lácteos e hortalizas, e deixar de lado a bollería industrial.
  • Para levar a merenda e o tentempié de media mañá, apostar por alternativas intelixentes de envasado: bolsas de tea, fiambreIras ou prácticos envoltorios reutilizables, impermeables, fáciles de lavar e axustables.
  • Levar á vida cotiá a práctica efectiva dos tres erres (reducir, reutilizar e reciclar).
  • Separar os refugallos en orixe e depositar cada tipoloxía no contedor correspondente.
  • Os novos residuos hixiénico-sanitarios tales como máscaras e luvas desbotables, deben introducirse no contedor verde convencional, xunto coa fracción resto. Pola súa banda, os envases de xel hidroalcohólico, no amarelo.
  • Dar preferencia aos medios de transporte alternativos ao vehículo privado: camiñar, transporte público ou intentar compartir coche con outras familias do colexio.
AnexoTamaño
PDF icon Volta ao cole 2020 GAL.pdf7.71 MB
Excluido de listado: 

Galería