Idiomas

Xogo da Reciclaxe

Print this pagePrint this pagePrint this page
Ano: 
2013

A Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes, co apoio de Sogama, editan o xogo da reciclaxe, cuxo público obxectivo son os escolares de Galicia. A pretensión desta iniciativa é poñer a proba os coñecementos que o alumnado de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos ten sobre a xestión e tratamento dos residuos, ao tempo que se lle conciencia sobre a necesidade de poñer en práctica o principio dos tres erres (reducir, reutilizar e reciclar).
Dada a súa dimensión lúdica, considérase que, con este formato, os pequenos poderán interiorizar as boas prácticas ambientais coas que permitir a posterior transformación dos refugallos en recursos de utilidade.
Proclamarase gañador o equipo que chegue á meta tras superar un circuíto de probas nas que, nun período limitado de tempo, terá que dar boa conta dos seus coñecementos, pero tamén das súas habilidades e destrezas na mímica, o debuxo e a axilidade mental.

Galería