


Accionariado:
Empresa mixta participada no 51% pola Administración Autonómica (Xunta de Galicia) e no 49% polo Socio Tecnolóxico (Naturgy Renovables, S.L.U).
Inscrición no Rexistro Mercantil:
Rexistro Mercantil de A Coruña, Tomo 1218 do arquivo, Sección Xeral, folio 207, folla nº C-7629.
Plantas de Transferencia:
37 Plantas de Transferencia localizadas en distintos puntos do territorio galego, das que:
- 20 están baixo a titularidade de Sogama: 6 na provincia da Coruña (Corcubión, Boiro, Narón, Santa Comba, Santiago de Compostela e Ortigueira); 7 na de Lugo (Lugo, Sarria, Monforte, Chantada, Barreiros, Becerreá e Viveiro); 5 na provincia de Pontevedra (Vigo, O Porriño, Ribadumia, O Rosal e Silleda); e 2 na de Ourense (San Cibrao das Viñas e A Rúa).
- 5 foron construídas no seu momento pola Xunta de Galicia e están xestionadas polos propios concellos. É o caso de A Lama e A Cañiza, na provincia de Pontevedra; Riotorto, na de Lugo; e Ponteceso e Curtis, na da Coruña.
- 1 Planta de Transferencia que xestiona a Mancomunidade do Morrazo, na provincia de Pontevedra.
- 11 Microplantas construídas pola Deputación de Ourense e que dan servizo aos concellos da provincia.
Complexo Medioambiental de Cerceda:
- Superficie total: 65 hectáreas
- Capacidade nominal de tratamento: 1.000.000 de toneladas/ano
- Potencia instalada: 50 MW Planta Termoeléctrica e22 MW Planta de Coxeración
- Capacidade de produción de enerxía eléctrica: 470 Millóns de KWh anuais
- Principais instalacións que integran o Complexo:
- Planta Automatizada de Clasificación de Envases Lixeiros (PCLAS)
- Planta de Reciclaxe, Tratamento e Elaboración de Combustible (PRTE)
- Planta de Clasificación de Materiais contidos na bolsa negra (PCM)
- Planta de Coxeración (PCOG)
- Planta Termoeléctrica (PTE)
Vertedero controlado de Areosa (Cerceda):
- Complementa a actividade do Complexo Medioambiental.
- Conta cunha superficie de 47 hectáreas.
- Principais instalacións:
- Planta de Biogás, con capacidade de produción de enerxía eléctrica: 13 Millóns de KWh anuais
Empregos directos creados: en torno a 500
Bolsa amarela (envases lixeiros):
- Concellos implantados: 285
Bolsa negra (fracción resto):
- Concellos adheridos: 295
Poboación incorporada ao modelo Sogama: 2.242.139 habitantes