Idiomas

Fondos FEDER

Print this pagePrint this pagePrint this page

FONDOS REACT- UE DO PROGRAMA OPERATIVO FEDER GALICIA 2014-2020

Como resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, Sogama, empresa pública adscrita á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, será beneficiaria dos Fondos REACT-UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, a través dos cales cofinanciará a execución, posta en marcha e xestión dunha rede de infraestruturas orientada á valorización da materia orgánica recollida de forma diferenciada a través do quinto contedor, de cor marrón.

Esta rede estará conformada por tres novas plantas de biorresiduos (Cervo, na provincia de Lugo; Vilanova de Arousa, na de Pontevedra; e Verín, na provincia de Ourense), que se sumarán á planta de compostaxe industrial que xa está a operar en Cerceda (A Coruña), e contará co apoio de 13 plantas de transferencia que serán adaptadas tecnicamente para transvasar nas mesmas a materia orgánica recollida selectivamente polos servizos municipais.

Desta forma, substituiranse as cinco microplantas existentes (A Cañiza, A Lama, Curtis, Ponteceso e Riotorto) por plantas de transferencia de maior capacidade co fin de que poidan recibir os residuos procedentes do contedor amarelo (envases de plástico, latas e briks) e marrón (materia orgánica). Así mesmo, cambiarase a localización da planta de transferencia en Cee.

Estas modificacións dotarán ás instalacións referenciadas de maiores prestacións e eficiencia, sendo o obxectivo último, no caso da materia orgánica, obter a partir da mesma un compost de alta calidade que cumpra cos requisitos esixidos pola normativa vixente e incrementar, respecto aos envases lixeiros, as taxas de reciclaxe en Galicia, dando debido cumprimento aos obxectivos europeos.

Trátase, en definitiva, dunha acción de gran magnitude e transcendencia coa que a Xunta de Galicia contribuirá a unha transición ecolóxica xusta cara a unha economía verde e circular no continente.

Sogama destinará a esta rede un investimento de aproximadamente 35 millóns de euros, contando cun cofinanciamento da UE de 30 millóns de euros.

Información de interese:

CONVENIOS

  • Convenio entre CMATV e Sogama para a construción de tres plantas de biorresiduos e addendas:

               Convenio

               Addenda 1

               Addenda 2

               Addenda 3

  • Convenio entre CMATV e Sogama para a construción de seis plantas de transferencia:

             Convenio

             Addenda 1

             Addenda 2

             Addenda 3

XESTIÓN DE RESIDUOS SANITARIOS DE BAIXO RISCO

Ante o notable incremento da xeración de residuos sanitarios como consecuencia da pandemia e a conseguinte sobresaturación das plantas encargadas do seu tratamento, o SERGAS solicitou a Sogama que se fixera cargo da xestión daqueles refugallos sanitarios de baixo risco (buzos, luvas, máscaras refugables e asimilables).

Con tal fin, e nun tempo récord, esta empresa pública, no marco das directrices establecidas polos Ministerios de Sanidade e para a Transición Ecolóxica, habilitou no seu Complexo Medioambiental de Cerceda (A Coruña) unha instalación específica, temporal e  independente do resto das plantas que acolle o Complexo, na que estes residuos eran  triturados e acondicionados para ser valorizados enerxeticamente na planta termoeléctrica a máis de 800ºC, temperatura que garante a destrución de  patóxenos e outros axentes nocivos.

Así mesmo, recorreuse a traballadores externos, que dispoñían dos seus propios servizos (vestiarios e zonas de descanso) para evitar que interactuasen co persoal do Complexo. A pretensión era diminuír ao máximo o risco de contaxios  Covid.

No período comprendido entre marzo de 2020 e maio de 2021, esta planta específica tratou 285.280 quilos de residuos sanitarios de baixo risco, impedindo que fosen depositados en vertedoiro.

Neste escenario, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e Sogama formalizaron un convenio de colaboración mediante o cal se estipula que a operación levada a cabo por esta compañía pública é susceptible de financiamento ao 100% no marco do eixo REACT-UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 como resposta da Unión Europea á pandemia do Covid-19.

Convenio