Idiomas

Información sobre as Relacións co Parlamento de Galicia

Print this pagePrint this pagePrint this page

Con data 8 de xullo de 2021, o presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA, S.A), Javier Domínguez Lino, compareceu en sede parlamentaria, concretamente na  Comisión 2ª de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, para facer balance da actividade desta empresa pública durante os últimos anos; un traballo que lle permitiu posicionarse hoxe como a empresa das súas características máis moderna, eficiente e sostible de Europa.Durante a súa alocución, explicou que a ampliación do Complexo Medioambiental, coa incorporación dunha nova planta con tecnoloxía 4.0, supuxo o inicio dunha nova era para a entidade definida polo incremento exponencial da achega á reciclaxe e a notable caída do vertido.Así mesmo, aludiu á rede de infraestruturas (4 plantas de biorresiduos e a adaptación de 13 plantas de transferencia) que Sogama, baixo as directrices da Xunta, xestionará para axudar aos  concellos a que cumpran coas súas obrigas legais na valorización da materia orgánica recollida  selectivamente. 

AnexoTamaño
Image icon 20181105_182032_resized.jpg1.89 MB