


"Recíclate con Sogama" é un programa de educación ambiental, canalizado a través do Plan Proxecta da Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Educación e Universidade), que ten por obxecto promover a participación e implicación da comunidade educativa na xestión sostible dos residuos urbanos mediante o consumo responsable, a menor produción de refugallos e o fomento da reutilización e a reciclaxe. Para facilitar esta tarefa, os centros dispoñen dunha pequena infraestrutura aportada por Sogama, denominada "Illa de Reciclaxe", conformada á súa vez por tres contedores de 120 litros de capacidade cada un (amarelo, para latas, briks e envases de plástico; azul, para o papel/cartón; e verde, para a fracción non reciclable). Así mesmo, aquéles que contan con servizo de comedor, subminístraselles igualmente un composteiro para o tratamento da materia orgánica xerada, permitíndolles así obter un abono de alta calidade que poden empresgar nas súas hortas e xardíns. Con isto teñen a oportunidade de pechar o ciclo de recuperación e reciclaxe dos restos orgánicos, evitando o depósito dos mesmos nos contedores convencionais.
O fin último desta iniciativa é que o alumnado, ademais de ser parte activa na mellor xestión dos refugallos producidos no ámbito escolar, actúe como axente dinamizador das boas prácticas ambientais a instaurar na súa contorna familiar e social, contribuíndo deste xeito a incrementar as taxas de reciclado en Galicia e, polo tanto, os beneficios asociados, tanto a nivel ambiental (aforro de enerxía e materias primas) como económicos (diminución dos custes para os concellos).
O programa correspondente ao curso académico 2022-2023 alcanza a súa onceava edición e diríxese a centros escolares (públicos e concertados) de Educación Primaria.
- Máis información en: https://www.edu.xunta.gal/portal/planproxecta
- Ficha técnica do programa Recíclate con Sogama 2022-2022: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/6220
BENVID@S AO "ECORÁCULO"
Anexo | Tamaño |
---|---|
![]() | 1.74 MB |
![]() | 448.37 KB |
![]() | 1.29 MB |
![]() | 385.24 KB |