


A función das Plantas de Transferencia (37 distribuídas por Galicia, das que 20 están baixo a titularidade de Sogama) é permitir o trasvase dos residuos dende os camións de recollida municipal a contedores de maior capacidade (con carga para 20 toneladas) e máis axeitados para o transporte de longa distancia.
Nestas instalacións non se efectúa operación algunha de tratamento sobre os residuos pero, aínda así, están dotadas das medidas de protección ambiental máis esixentes:
- Nave pechada que impide a emisión de ruídos cara ao exterior da instalación.
- Equipos de aspiración e filtrado de aire nas tolvas de descarga, o que evita a emisión de po e olores.
- Sistema de depuración de augas.
- Contedores pechados para o transporte de residuos, que garanten que este se realiza nas mellores condicións de hixiene e seguridade.
As plantas de transferencia son instalacións de funcionamento moi sinxelo. A súa operación realízase en catro fases:
A situación actual da rede de plantas de transferencia é a seguinte:
Anexo | Tamaño |
---|---|
![]() | 1.31 MB |