Idiomas

Videocontos

Print this pagePrint this pagePrint this page

A través de doce videocontos, orientados a escolares de infantil e primeiro ciclo de primaria, os pequenos poderán disfrutar e aprender coas aventuras dunha familia de extraterrestres, a familia Trebón (Anselmo -o pai-, Carola -a nai-, e Lucas –o fillo-, ademais da súa mascota, o can Antenas) que, tras unha aterraxe un tanto accidentada na Terra, coñecen a dous amigos (Vito e Lilia), así como ao gato Evaristo, cos que levarán a cabo unha importante tarefa para a preservación do medio ambiente no noso planeta, posibilitando que siga limpo e verde.O lixo cobra especial protagonismo nas distintas historias, toda vez que constitúe unha das principais ameazas medioambientais á que os humanos debemos facer fronte, utilizando como principal ferramenta os tres erres (Redución, Reutilización e Reciclaxe).Pero, ademais dos medioambientais, con esta iniciativa tamén se pretenden divulgar valores tales como a amizade, a responsabilidade, a solidariedade, a xenerosidade e a tolerancia, fundamentais para unha convivencia pacífica e harmoniosa.