


A Sociedade Galega do Medio Ambiente mantén unha política de "portas abertas" a fin de potenciar que os distintos colectivos sociais poidan coñecer de cerca a súa labor e participen activamente nos distintos programas de educación e concienciación ambiental promovidos pola entidade.
O programa de visitas, polo que xa pasaron máis de 75.000 persoas, supón para SOGAMA unha grande oportunidade á hora de recoller as achegas, inquietudes e preocupacións dos distintos colectivos en torno á xestión dos residuos urbanos e medio ambiente en xeral, información que redundará, sen lugar a dúbida, na optimización e mellora dos procesos de xestión, medios empregados e campañas de sensibilización.
Coa fin de que os grupos escolares interesados en facer un percorrido guiado polas instalacións de Sogama poidan preparar previamente a visita nas aulas, Sogama deseñou unha serie de unidades didácticas adaptadas aos distintos niveis educativos: Primaria, ESO e Bacharelato.
Anexo | Tamaño |
---|---|
![]() | 99.95 KB |