Idiomas

A xestión e tratamento dos residuos urbanos producidos no territorio galego constitúe a principal actividade de Sogama.

Das fraccións obtidas logo da recollida selectiva dos residuos urbanos, a “bolsa negra” é a que contén os refugallos que non poden ser reciclados por outras vías e que son susceptibles de seren val

A recollida selectiva da bolsa amarela foi implantada en Galicia logo da entrada en vigor, no 1997, da Lei de Envases e Residuos de Envases, materializándose a través dunha experiencia piloto que s

Xestión de residuos urbanos

Print this pagePrint this pagePrint this page

O labor de Sogama enmárcase no Plan Autonómico de Xestión de Residuos Urbanos 2010-2020 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, asumindo o papel encomendado pola mesma e que, en todo caso, pasa pola aplicación prioritaria das tres erres (Redución, Reutilización e Reciclaxe) e a Recuperación enerxética da parte non reciclable, minimizando as cantidades de refugallos destinadas a vertedoiro.

Dúas son as fraccións de residuos urbanos sobre as que Sogama centra a súa xestión: a bolsa amarela, é dicir, os materiais depositados pola cidadanía no contedor amarelo (envases de plástico, latas e bricks), e a bolsa negra (resto) introducida no contedor xenérico.

Mentres que, con respecto á bolsa amarela, a tarefa desta Sociedade circunscríbese á clasificación dos distintos materiais por tipoloxías, que logo remite aos centros recicladores para ser transformados en novos produtos, no caso da bolsa negra, e unha vez separados os materiais susceptibles de ser reciclados (aceiro, vidro e aluminio fundamentalmente), somete o resto a un proceso de valorización enerxética, utilizando para isto tecnoloxías de última xeración que lle permiten levar a cabo unha actividade industrial totalmente respectuosa co medio ambiente e coa saúde pública.