SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

“34 Casos de Economía Verde”, publicación do GECV que amosa éxitos empresariais en sostibilidade

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Na mesma recóllense casos de negocios de éxito, alineados cun modelo de desenvolvemento sostible que contribúe á competitividade, a xeración de emprego e de valor para as compañías que o impulsan e a sociedade no seu conxunto.

Cerceda, a 13 de novembro de 2020.- O Grupo Español de Crecemento Verde (GECV) presentou recentemente a publicación “34 Casos de Economía Verde”, na que se recollen casos de negocio de éxito, alineados cun modelo de desenvolvemento sostible que contribúe á competitividade, a xeración de emprego e de valor para as compañías que o impulsan e a sociedade no seu conxunto.

O grupo analizado é heteroxéneo e reflicte a ampla variedade de enfoques e profundidades cos que as empresas españolas apostan de forma decidida pola economía verde. Así mesmo, amosa que este compromiso non depende do tamaño da organización ou do sector de actividade e que, en numerosas ocasións, as alianzas e colaboracións estratéxicas constitúen un factor de éxito.

Os casos recollidos poden dividirse en dous grandes grupos. Por unha banda, iniciativas de carácter interno relacionadas coa evolución da compañía cara a unha economía baixa en carbono, onde a eficiencia enerxética, a economía circular e a descarbonización dos procesos produtivos tradúcense en aforros de custos. E, por outro, a oferta de novos produtos e servizos que responden ás oportunidades emerxentes do crecemento verde e onde as empresas do GECV asumen un rol de liderado e posicionamento a nivel nacional e global.

As 34 iniciativas evidencian que o crecemento sostible, lonxe de ser unha barreira ao desenvolvemento económico, é unha fonte de mellora da competitividade, oportunidades de xeración de emprego e prosperidade, reportando beneficios ambientais e económicos, non só ás empresas que o impulsan, senón á sociedade no seu conxunto.

O documento péchase cunha serie de recomendacións que poden axudar a debuxar o marco de políticas públicas que reforce o gran potencial da economía verde en España como un modelo de crecemento alineado coa creación de emprego sostible, os obxectivos climáticos do Acordo de París e a Axenda de Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas.

SOBRE O GECV

O Grupo Español para o Crecemento Verde é unha Asociación creada para fomentar a colaboración público-privada e avanzar conxuntamente nos retos ambientais que actualmente temos. As solucións en materia de mitigación e adaptación ao cambio climático, a descarbonización da economía ou o fomento dunha economía circular virán, sen dúbida, da man do tecido empresarial e son claves nunha sociedade próspera.

A través desta plataforma foméntase a participación das compañías nos debates máis relevantes na materia, a nivel nacional e internacional, compártese información e identifícanse oportunidades para a empresa española.

Fonte e imaxe: Grupo Español de Crecemento Verde

13 Nov 2020

Galería