Idiomas

“Caderno Verde” supera as 242.000 visitas, con preto de 1.400.000 páxinas vistas

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • A día de hoxe, a plataforma pedagóxica de Sogama www.cadernoverde.gal configúrase como un recurso didáctico de referencia na educación ambiental dada a súa alta calidade e ampla variedade de temáticas
  • Durante o presente curso académico 2022-2023, Caderno Verde ampliará a oferta didáctica dirixida ao alumnado de Secundaria, etapa na que se iniciou durante a pasada edición, e reforzará a orientada a Primaria.

Cerceda, a 1 de decembro de 2022.- A plataforma educativa de Sogama www.cadernoverde.gal acumula ata o de agora 241.614 visitas e 1.397.856 páxinas vistas, configurándose como un recurso didáctico de referencia na educación ambiental dada a súa alta calidade e ampla variedade de temáticas nas que se aborda, ademais da correcta xestión dos residuos urbanos, outras tales como a loita contra o cambio climático, as enerxías renovables, a mobilidade sostible, a biodiversidade e a fauna.

No presente curso académico 2022-2023, Caderno Verde amplía a oferta didáctica dirixida ao alumnado de Secundaria, etapa na que se iniciou durante a pasada edición, e reforzará a orientada a Primaria.

En ambos os dous casos, a metodoloxía a seguir será a mesma, xa que se baseará na concepción transversal do medio ambiente ao redor das principais áreas curriculares. No caso de Primaria, serían Coñecemento do Medio, Matemáticas, Lingua española e galega, e inglés. As fichas están conformadas por distintas pezas interactivas tales como verdadeiro/falso, arrastra ao lugar correcto, escolle a opción, cadros de diálogo, marca a palabra ou frase, colorea, sopa de letras, relaciona conceptos/imaxes, etc.

Respecto a Secundaria, as fichas, tamén de carácter interactivo, incluirán formatos novos e máis complexos que os dispoñibles para o alumnado de primaria.

As explicacións de cada temática, a cargo dos Amigos de Vilaverde, compleméntanse con actividades nas que os escolares poñen a proba o apreso, un labor amenizado tamén cos Ecocontos protagonizados pola Familia Trebón.

Saúdos, Departamento de Comunicación

 

1 Dec 2022

Galería