Idiomas

“Recíclate con Sogama”, máis dunha década formando ás escolas na correcta xestión dos residuos

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Durante este período, o programa, canalizado a través do Plan Proxecta da Xunta de Galicia,  atendeu a 40.400 alumnos e a máis de 1.800 docentes.
  • Mantendo a súa esencia, a iniciativa evolucionou a través dun proceso de innovación ambiental ao que esta empresa pública dedica moitos recursos, tanto humanos como materiais e didácticos.
  • “Recíclate con Sogama” prepárase para unha nova edición (2022-2023) a fin de que cada vez sexan máis os escolares, profesores e familias involucradas nunha xestión máis intelixente dos residuos urbanos.

Cerceda, a 29 de outubro de 2022.- Desde que, a solicitude do Plan Proxecta da Xunta de Galicia, o programa “Recíclate con Sogama” saíse á luz no curso académico 2012-2013, hai unha década, atendeu a 40.400 alumnos e a máis de 1.800 docentes.

Mantendo a súa esencia, que é precisamente a implantación da recollida selectiva nas aulas e a contribución á reciclaxe desde os centros escolares, o programa evolucionou a través dun proceso de innovación ambiental ao que Sogama dedica moitos recursos, tanto humanos como materiais e didácticos.

Así, desde as súas orixes, esta iniciativa contemplou a dotación de illas de reciclaxe aos centros participantes. Conformadas por tres contedores de 120 litros de capacidade (amarelo, azul e verde convencional), o obxectivo das mesmas é que os pequenos leven á práctica o apreso no plano da recollida selectiva de residuos e que, unha vez afianzado, trasladen aos seus fogares os bos hábitos.

Gran parte do éxito deste programa reside no seu seguimento, que Sogama realiza de forma puntual e minuciosa, así como nas visitas periódicas de carácter presencial que os educadores desta empresa pública efectúan aos centros participantes para instruír e formar á comunidade educativa neste ámbito, revisar os seus proxectos, asesoralos en canto a posibles melloras a introducir nos mesmos e realizar as caracterizacións dos distintos contedores que conforman as illas a fin de comprobar o grao de acerto, ou de erro, á hora de clasificar os refugallos en orixe.

A final de curso, os centros deben realizar unha memoria de actividades da que darán conta a través da aplicación informática do Plan Proxecta. Na mesma detallan os obxectivos dos seus proxectos e grao de consecución dos mesmos, alumnado destinatario, relación de docentes participantes, metodoloxía empregada e accións orientadas a promover a estratexia dos tres erres (redución de residuos en orixe; reutilización dos obxectos coa pretensión de alongar a súa vida útil e evitar que acaben convertidos en refugallos; e segregación dos materiais a depositar en cada un dos contedores de recollida selectiva a fin de garantir o seu posterior reciclado e, por conseguinte, a súa transformación en recursos, conforme ás directrices da economía circular, garantindo desta forma o aforro de enerxía e de materias primas virxes.

NOVA EDICIÓN 2022-2023

“Recíclate con Sogama” adéntrase nunha nova edición (2022-2023) para que cada máis sexan máis os escolares, docentes e familias involucradas nunha xestión sostible e eficiente dos residuos urbanos, transferindo aos fogares e contorna social as boas prácticas adquiridas na escola. Con isto conseguirase un efecto multiplicador.

Saúdos, Departamento de Comunicación

29 Out 2022

Galería