SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

“Vidrio España” fai público o Balance 2017-2019 do sector e a súa contribución á economía circular

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • A industria do vidro incrementou a súa cifra de negocio en España un 36%, alcanzando un volume de vendas de máis de catro millóns de toneladas no último ano, cun valor superior a 2.000 millóns de euros.
  • Mentres que a produción total aumentou un 6,6% desde 2014, as emisións de C02 reducíronse un 2,5% por cada tonelada.
  • Grazas á adopción de políticas de sostibilidade e liderado dixital, as empresas do sector, que dan emprego directo a máis de 6.000 persoas, son capaces de producir máis vidro con menos recursos enerxéticos.

Cerceda, a 30 de abril de 2021.- Vidrio España, a asociación española que integra ás empresas que fabrican vidro no noso país, fixo público o Balance 2017-2019, deixando constancia da contribución do sector á economía, ao medio ambiente e á sociedade.

A industria do vidro vén utilizando desde hai anos as últimas tecnoloxías dispoñibles a fin de consolidar a súa competitividade, maximizar a súa eficiencia e, en consecuencia, lograr unha considerable redución do uso de enerxía.

O documento pon de manifesto a implicación das empresas, agrupadas en catro asociacións que conforman Vidrio España: AFELMA (las minerais illantes), ANFEVI (envases de vidro para alimentación e bebidas), FAOVI (outros vidros) e FAVIPLA (vidro plano), e que dan emprego directo a máis de 6.000 persoas.

Entre 2014 e 2019, a industria do vidro aumentou a produción un 6,6%, á vez que logrou reducir un 2,5% as emisións de C02 por cada tonelada. A firme aposta por modelos de produción enerxeticamente eficientes que axudan a minimizar o impacto ambiental traduciuse nun investimento de máis de 1.500 millóns de euros en tecnoloxías e procedementos máis respectuosos coa contorna. Estas accións están aliñadas co Pacto Verde Europeo, que definirá os pasos a seguir para transitar cara a unha economía circular e dar cumprimento aos compromisos da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

MOTOR ECONÓMICO NACIONAL E LOCAL

Na actualidade, o sector do vidro é un potente motor económico que, ademais, está en crecemento grazas a uns procesos e uns procedementos responsables co medio ambiente e ao propio carácter do material, que é infinitamente reciclable e reutilizable.

A industria incrementou a súa cifra de negocio en España un 36%, alcanzando un volume de vendas de máis de catro millóns de toneladas no último ano, cun valor superior a 2.000 millóns de euros, tendo destinado171 millóns a contribucións sociais e outras colaboracións para a comunidade.

Grazas á actividade do sector vidreiro, numerosas empresas medianas e pequenas que interveñen na cadea poden xerar valor económico e social, coa particularidade de que as compañías do sector apostaron por un sistema de loxística de aprovisionamento con provedores próximos, que permite unha maior eficiencia na produción e unha redución en custos, ademais de favorecer á comunidade local.

Segundo o informe, o 90% das materias primas que son empregadas para a fabricación de vidro adquírense en España; o 55% delas nun radio de 300 quilómetros. Ademais, o 61% do produto véndese no mercado español.

EFICIENCIA E SOSTIBILIDADE

Inmersa nunha dobre transición cara á sostibilidade e o liderado dixital, desde Vidrio España trabállase para contribuír á consolidación dunha industria 4.0 que permita ao sector estar á cabeza do desenvolvemento circular. O obxectivo é adoptar modelos produtivos máis sostibles e integradores mantendo os mesmos recursos nun circuíto cerrado, de maneira que se poida evitar a extracción de novas materias primas virxes e, a longo prazo, o esgotamento de recursos naturais.

Hoxe, as empresas son capaces de fabricar máis cantidade de vidro con menos recursos enerxéticos. De feito, no período 2014-2019 minorouse a cantidade de enerxía fósil utilizada nun 4,6%.

Fonte: IDE

www.vidrio.org

Imaxe: Pixabay

30 Abr 2021

Galería