SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Arrincan as sesións formativas nos centros escolares adscritos ao programa “Recíclate con Sogama”

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • O obxectivo é que alumnos e profesores interioricen os principios que deben rexer a xestión sostible dos residuos urbanos, coñezan con máis detalle o modelo Sogama e colaboren na aplicación do principio dos tres erres (Redución, Reutilización e Reciclaxe).

Cerceda, a 11 de xaneiro de 2021.- Tralo paréntese de Nadal, esta empresa pública reactiva o seu programa educativo “Recíclate con Sogama” 2020-2021, enmarcado no Plan Proxecta da Xunta de Galicia, e faino abordando o calendario de formacións nos colexios adscritos a esta iniciativa.

Trala recollida de datos durante a primeira visita realizada polos educadores de Sogama a cada centro, procedeuse á  dotación de medios materiais (contedores para a recollida selectiva de residuos e composteiros), abríndose agora un período de formación para que alumnos e profesores interioricen os principios que deben rexer a xestión sostible dos residuos urbanos, coñezan con máis detalle o modelo Sogama e colaboren, tanto desde o colexio como desde os seus fogares e contorna social, na aplicación do principio dos tres erres: na redución da produción de refugallos, a través dun consumo responsable; na reutilización, alongando a vida útil dos produtos; e na reciclaxe, mediante unha correcta segregación dos materiais en orixe e posterior depósito dos mesmos nos contedores correspondentes.

Respectando todas as medidas establecidas polas autoridades sanitarias no marco da Covid, a meirande parte dos centros optaron por que as formacións teñan lugar de forma presencial, se ben Sogama dispón de distintos recursos online complementarios e outros que ata poderían suplir as charlas presenciais no caso de que así o requirisen os centros.

Adicionalmente, durante os próximos meses a empresa proporcionará aos colexios participantes distintas ferramentas pedagóxicas de apoio para que poidan desenvolver os seus proxectos de reciclaxe con maiores garantías.

  • 3 da provincia de Lugo: CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán, de Xove; CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos; e CEIP Plurilingüe do Corgo.
  • 5 da provincia de Pontevedra: CEIP Plurilingüe A Florida, de Sanxenxo; CEIP de Vilaxoán, de Vilagarcía de Arousa; CEIP Antonio Carpintero, de Arbo; CEP Altamira, de Salceda de Caselas; e CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro, de Vigo.
  • 1 de Ourense: CPR Plurilingüe Divina Pastora, de Ourense cidade.
  • 1 da provincia da Coruña: CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira, de Ferrol.

Saúdos, Departamento de Comunicación

11 Xan 2021

Galería