SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

ATEGRUS® entrega os Premios Escobas de Prata, Ouro e Platino a 35 entes comprometidos coa contorna

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • O acto, de carácter virtual, terá lugar mañá, 10 de xuño, e no mesmo recoñecerase o labor de distintas entidades, tanto públicas como privadas, na limpeza e aseo urbano, na xestión sostible dos residuos urbanos e na protección da contorna.
  • O certame, que nesta ocasión alcanza a 17ª edición, vénse celebrando con carácter bienal e está representado por unha “Escoba”, o primeiro instrumento usado na historia da limpeza e consagrado como indispensable malia a introdución de novas tecnoloxías.

Cerceda, a 9 de xuño de 2021.-  ATEGRUS® (Asociación Técnica para a Xestión de Residuos e Medio Ambiente) entrega mañá, 10 de xuño, de forma virtual, os Premios Escobas de Prata, Ouro e Platino a un total de 35 entidades, tanto públicas como privadas, que demostraron o seu compromiso  co medio ambiente, atopándose entre as mesmas concellos, mancomunidades, deputacións, empresas de servizos, consultorías e enxeñerías.

O certame, que nesta ocasión alcanza a 17ª edición, pretende recoñecer a aquelas entidades que destacan polas súas iniciativas orientadas a mellorar a xestión integral dos refugallos, a unha maior limpeza e aseo urbano de cidades e industrias, prestando especial atención á aplicación de novas tecnoloxías respectuosas coa contorna, así como ao desenvolvemento de campañas de formación, concienciación e sensibilización cidadá que traerán consigo un maior benestar e calidade de vida.

Desde o seu nacemento, en 1987, este concurso entregou un milleiro de galardóns a Municipios, Deputacións, Cabildos, Comunidades Autónomas, Empresas e Universidades de España, México, Chile, Arxentina e Perú.

PREMIOS CON HISTORIA

A primeira edición foi convocada pola Unión Europea, dentro do Ano Europeo de Medio Ambiente, e a súa organización en España foi encargada a  ATEGRUS®, Membro Nacional da  ISWA ( International  Solid  Waste  Association). As seguintes edicións véñense celebrando desde 1990 cunha periodicidade bienal.

O símbolo elixido para estes premios foi a “Escoba”, o primeiro instrumento usado na historia da limpeza e consagrado como indispensable, malia a introdución de novas tecnoloxías.

Fonte e imaxe:  ATEGRUS

9 Xuñ 2021

Galería