Idiomas

ECOLEC apela á reciclaxe dos dispositivos electrónicos en desuso tras as compras de Nadal

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Cada español produce, de media, 14 kg de RAEE ao ano, cifra que atopa o seu punto máis álxido coas compras do Nadal
  • O consumidor debe ter en conta que se vai cambiar o seu electrodoméstico por un novo, o vendedor ten a obriga de retirar o antigo de forma totalmente gratuíta e de realizar unha xestión correcta do residuo, tanto se a compra se fai en tenda como en liña

Cerceda, a 10 de xaneiro de 2022.- Nos últimos anos, os dispositivos electrónicos convertéronse no agasallo do Nadal por excelencia. É por isto que, desde Fundación ECOLEC, organización sen ánimo de lucro cuxa actividade se centrae na reciclaxe de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), quérese poñer en valor a reciclaxe deste tipo de refugallos no caso de que vaian adquirirse outros novos.

Luís Moreno, director xeral de Fundación ECOLEC, explicou que “O Nadal é un dos principais períodos de compra de dispositivos electrónicos, independentemente da idade do destinatario. Non nos referimos só á adquisición de novos móbiles, computadores, tablets, ou cámaras, senón tamén aos xoguetes que necesitan pilas e baterías ou estar enchufados á corrente eléctrica para funcionar”. Así mesmo, indicou que “esta suma de aparellos fai que o español produza, de media, 14 kg de RAEE (Residuos de Aparatos Eléctricos e Electrónicos) ao ano, cifra que atopa o seu punto máis alto coas compras do Nadal”.

Por tanto, a reciclaxe deste tipo de residuos é esencial, pois se a súa xestión se realiza de forma incorrecta, pode ter consecuencias prexudiciais para o medio ambiente e a saúde de todos. E como exemplo puxo a batería dun só teléfono móbil (o aparello que máis se vende en Nadal), que “pode contaminar ata 600.000 litros de auga”.

Por iso, a correcta xestión dos RAEE contribúe a fomentar e impulsar a economía circular, convertendo os residuos en materias primas a través dunha recollida optimizada e aumentando as taxas de reciclaxe grazas ao emprego das mellores técnicas dispoñibles en cada momento.

ELECTRODOMÉSTICOS

Así mesmo, resulta esencial que o consumidor teña en conta que, se vai cambiar o seu electrodoméstico por un novo, o vendedor ten a obriga de retirar o antigo de forma totalmente gratuíta e de realizar unha xestión correcta do residuo, tanto se a compra se fai en tenda como vía en liña.

Neste sentido e, dado que, ano a ano, as compras por Internet aumentan, a Fundación ECOLEC aconsella que o usuario revise no momento da compra toda a información en relación coa correcta xestión como residuo dos aparellos substituídos. Así, favorécense os dereitos do consumidor e promóvese un consumo responsable e sostible.

Fonte: Fundación ECOLEC

Imaxe:  Pexels

10 Xan 2021

Galería