SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Javier Domínguez, invitado a participar na conferencia final do proxecto europeo ´Tropaverde´

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • O evento, que terá carácter presencial-virtual, celebrarase no edificio municipal CERSIA, transmitíndose tamén en directo a través da canle de Youtube do Concello.
  • A xornada, que arrincará ás 10:00 horas, estrutúrase en tres bloques: Administración Autonómica e Residuos; Administración local e residuos; Economía circular e innovación na reciclaxe de residuos.
  • O presidente de Sogama participará no primeiro e farao para explicar os pormenores da actividade desta empresa pública, así como a súa estratexia para a xestión e tratamento da fracción orgánica contida nos residuos (compostaxe doméstica e industrial).

Cerceda, a 4 de maio de 2021.- O presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, participará o vindeiro martes, 11 de maio, na conferencia final do proxecto europeo “Tropaverde Rewarding Recycling”, promovido polo Concello de Santiago de Compostela, a empresa Teimas Desenvolvemento e Urbaser.

O formato do evento será presencial-virtual e terá lugar no edificio municipal CERSIA, con número limitado de prazas dispoñibles, á vez que se transmitirá en directo a través da canle de Youtube do Concello. En ambos os casos, é necesario que os interesados inscríbanse previamente.

A xornada arrincará ás 10:00 h coa benvida por parte de representantes do ente local, estruturándose en tres bloques: Administración Autonómica e residuos; Administración local e residuos; Economía circular e innovación na reciclaxe de residuos.

No primeiro bloque intervirá Javier Domínguez para explicar os pormenores da actividade de Sogama, así como a estratexia para a xestión e tratamento da fracción orgánica contida nos residuos (compostaxe doméstica e industrial). Pola súa banda, Jesús Castro López, xefe de Servizo de Residuos da Dirección Xeral de Calidade Ambiental da Xunta de Galicia, debullará a Estratexia de Economía Circular de Galicia.

O segundo bloque contará coas achegas do concelleiro delegado de Obras e Servizos do Concello de Carballo, Lois Lamas, quen dará a coñecer o programa “Ti tes a chave”, así como a experiencia deste ente local na implantación do quinto contedor, mentres que a técnica do Departamento de Medio Ambiente do Concello de Santiago informará sobre a nova xestión de residuos urbanos e limpeza viaria no muncipio. A continuación tocaralle a quenda a Ecoembes, concretamente de Bruno Gómez-Ulla, especialista en xestión local e autonómica, quen abordará a recollida selectiva en Galicia.

A economía circular e a innovación na reciclaxe de residuos porá o peche á xornada coa intervención de Xavier Vence Deza, catedrático de Economía Aplicad na Universidade de Santiago de Compostela, a través do relatorio “Da economía da reciclaxe á economía circular: prolongación da vida dos produtos e redución do consumo”.

Seguiralle gema Neira Surribas, xerente da empresa de economía circular “Cholita”, para falar da reciclaxe das redes de pesca, e Daniel Cid Fernández, en representación da empresa tecnolóxica Teimas Desenvolvemento, S.L, que se encargará de explicar a iniciativa Tropa Verde, así como as novas ferramentas tecnolóxicas no ámbito da xestión dos residuos.

Boletín inscrición: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfJvnrX1WXkmV5gZ8J-mFNNM9ggjucC...

Canle Youtube Concello de Santiago: https://www.youtube.com/channel/ucsrcc2UgDHIb80vVVRtvoDw

SOBRE TROPAVERDE

Tropaverde é unha plataforma web que ten por obxectivo fomentar a reciclaxe e a responsabilidade ambiental entre a cidadanía, premiando de forma directa as boas accións ambientais.

O funcionamento é moi sinxelo: cada vez que un cidadán deposita un residuo nos lugares que se indican no apartado “Gaña estrelas” da web tropaverde.org, recibe un cheque con estrelas (puntos), que pode ir acumulando na súa conta  para trocalas por descontos e agasallos que aparecen en la sección Recompensas, sendo achegadas polos comercios e establecementos de hostalería que colaboran coa plataforma.

Saúdos, Departamento de Comunicación

4 Mai 2021

Galería