Idiomas

Javier Domínguez participa nun encontro de empresas públicas de xestión de residuos

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • A xornada celebrarase mañá, 5 de xullo, en Santander (Cantabria), e na mesma daranse cita representantes de compañías asentadas na Cornisa Cantábrica
  • O presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente dará conta da firme aposta desta compañía pola modernización tecnolóxica, a innovación e a xestión sostible dos refugallos municipais
  • O evento contempla o desenvolvemento de distintos talleres temáticos tales como Estratexia corporativa; Xestión, operativa e loxística; Contratación e compras; e Educación ambiental e comunicación

Cerceda, a 4 de xullo de 2022.- O presidente executivo de Sogama, Javier Domínguez Lino, acompañado de membros do seu equipo, viaxa a Santander para participar mañá, 5 de xullo, nun Encontro de empresas públicas de xestión de residuos da Cornisa Cantábrica. Alí dará a coñecer os avances da Sociedade Galega do Medio Ambiente nos últimos anos, onde a firme aposta pola modernización tecnolóxica, a innovación e a xestión sostible dos refugallos municipais producidos na meirande parte de Galicia, logrou posicionar a esta compañía entre as máis eficientes de Europa no seu sector.

Xunto con Sogama, asistirán a esta cita entidades tales como MARE (empresa pública de Medio Ambiente, Auga, Residuos e Enerxía de Cantabria) e Cogersa (empresa pública de xestión de residuos de Asturias).

O evento arrincará, ás 11:00 horas, cunha benvida institucional a cargo do conselleiro de Desenvolvemento Rural, Gandería, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente de Cantabria, Guillermo Blanco, quen dará paso ás intervencións dos máximos responsables das distintas compañías, que explicarán os pormenores das mesmas.

TALLERES TEMÁTICOS

Acto seguido, desenvolveranse distintos talleres temáticos, que estarán divididos en catro bloques e nos que participarán representantes de área das distintas empresas públicas:

- Estratexia corporativa. Neste apartado abordarase o reto da nova Lei de residuos e futuras normas, ademais de cuestións económicas tales como o financiamento, taxas, planificación estratéxica, cumprimento dos ODS…

- Xestión, operativa e loxística. Aquí abordarase o impacto da nova Lei de Residuos: novas recollidas, reciclaxe e valorización.

- Contratación e compras, prestando especial atención á innovación en procesos, retos, sistemas, etc

- Educación ambiental e comunicación, poñendo en común estratexias, medidas, iniciativas, soportes e canles.

Saúdos, Departamento de Comunicación

4 Xul 2022

Galería