SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Máis de 130 familias de Meaño participan no programa de autocompostaxe impulsado por Sogama

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • A solicitude do Concello, a empresa pública vén de entregar unha nova partida de 25 composteiros, así como manuais didácticos de apoio para os participantes.
  • Desta forma, o ente local quere ampliar a autoxestión da materia orgánica a novos fogares, dados os seus interesantes beneficios ambientais, económicos e sociais.

Cerceda, a 20 de xullo de 2021.- A fin de estender a autoxestión da materia orgánica a novos fogares, o  Concello de Meaño solicitou a Sogama unha nova partida de composteiros, posibilitando que cada vez sexan máis as familias que teñan a oportunidade de elaborar in situ o seu propio compost, que regresa á terra en forma de abono natural, pechando desta forma o ciclo do seu aproveitamento.

Tras unha nova entrega de 25 recipientes, con capacidade para 400 litros e fabricados con materiais reciclados e reciclables, Meaño suma 133 vivendas unifamiliares adscritas a esta práctica, con importantes beneficios ambientais, económicos e sociais.

Desde o punto de vista ambiental, porque ao compostar os restos orgánicos en orixe, evítase o seu depósito nos contedores verdes convencionais, reducindo a frecuencia de recollida e transporte por parte dos servizos municipais. Isto tradúcese en menores emisións de CO2 á atmosfera e unha diminución da cantidade de refugallos entregados a Sogama para o seu tratamento final e, polo tanto, do importe da factura a pagar a esta empresa pública.

Igualmente, minóranse os desprazamentos que a veciñanza debe facer aos contedores, xa que o papel/cartón e os envases poden almacenarse varios días na casa sen risco de cheiros.

A fin de que os participantes poidan contar con toda a información necesaria, Sogama remitiu ao  concello manuais didácticos nos que se explica a técnica a aplicar para obter un compost de calidade, detallando todo o proceso a seguir: desde o propio emprazamento do composteiro ata a concreción dos materiais que deben e non deben depositarse no mesmo, e o control de parámetros tales como o osíxeno, a temperatura e a humidade.

Ademais de todo isto, os usuarios terán a oportunidade de reforzar os seus coñecementos a través do sitio web www.compostaconsogama.gal, onde poderán atopar distintos recursos tales como vídeos, xogos e diversos contidos en liña.

Saúdos, Departamento de Comunicación

20 Xul 2021

Galería