SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Mañá conclúe o prazo para optar aos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2021

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Promovidos pola RAGC e a GAIN, pretenden poñer en valor o traballo do persoal investigador e dos/as empresarios/as que apostan pola transferencia de coñecemento como base para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia.
  • A convocatoria, que alcanza a súa sétima edición, contempla tres modalidades: Premio “Francisco Guitián Ojea”, Premio “Fernando  Calvet Prats” e Premio “Ricardo Bescansa Martínez”.
  • Cada un dos galardóns está dotado con 6.000 euros.

Cerceda, a 29 de abril de 2021.-Mañá, 30 de abril, finaliza o prazo para a presentación de candidaturas á sétima edición dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2021.

Promovidos pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN), con estes galardóns preténdese poñer en valor o traballo do persoal investigador e dos/as empresarios/as que apostan pola transferencia de coñecemento como base para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia.

Os premios convócanse en tres modalidades:

-       Premio “Francisco Guitián Ojea” a un traballo de investigación aplicada. A través do mesmo recoñécese o éxito dun grupo de investigación na creación dunha tecnoloxía aínda non transferida e da que se deriven claras aplicacións para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia.

-       Premio “Fernando Calvet Prats” a un caso de éxito de transferencia de tecnoloxía ao sector empresarial.

-       Premio “Ricardo Bescansa Martínez” a un caso de éxito empresarial de implantación de tecnoloxía transferida, froito da colaboración cun grupo de investigación galego.

Aos dous primeiros poderá concorrer todo o persoal adscrito a centros de investigación emprazados en Galicia, incluíndo os centros tecnolóxicos. Ao terceiro poderán optar empresas galegas ou que teñan un centro de traballo radicado na comunidade.

En ningunha das tres modalidades poderán resultar premiados grupos de investigación ou empresas que fosen galardoadas nalgunha das tres edicións anteriores do certame, así como tampouco os/as académicos/as da  RAGC

Cada un dos premios está dotado con 6.000 euros.

A tramitación das candidaturas realízase de forma telemática.

Fonte e imaxe:  RAGC

29 Abr 2021

Galería